Saltar navegación.
Inicio

Circular informativa de fin de curso

Circular informativa de fin de curso.

Horario e actividades do mes de xuño:

  • Tal e como se informou en circular anterior, mantense o mesmo horario do resto do curso.

  • Día 9 de xuño, domingo: Festival de fin de curso da ANPA.

  • 21 xuño, venres: Último día de curso. Entrega notas en Educación Infantil e Primaria. As clases rematan ás 13:00, hora á que tamén sairán do centro os autobuses de transporte escolar.

  • 26 xuño, mércores: Entrega de notas de secundaria ás 11:00 horas. Non hai transporte.

  Matrícula:

 Só é preciso matricular os alumnos ou alumnas novos/as no colexio e os que cursen Educación secundaria. As datas de matrícula son:

  • Alumnado de Infantil e Primaria: Do 20 ao 30 de xuño.

  • Alumnado de Secundaria:

    • Co curso aprobado en xuño: Do 25 de xuño ao 10 de xullo.

    • Con materias pendentes para setembro: Ata o 10 de setembro.

Para a formalización da matrícula, débese cubrir e asinar o impreso que será facilitado na secretaría e que tamén se poderá descargar na páxina web do centro.(Ao alumnado do centro que se matricule en secundaria, facilitarémoslle un sobre con toda a documentación).

Os usuarios de comedor deberán tamén entregar o impreso Anexo II:modelo de autodeclaración e especificacións, a fin de calcular a cantidade a aboar por día de servizo. Este impreso tamén se enviará ás familias en canto nos chegue da Consellería.

 

Libros de texto:

Lembramos que as familias que foron beneficiarias do fondo solidario no curso 2018/2019 deberán devolver ao centro estes libros.

A falta de devolución, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2019/20.

Está excluído desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de Educación Primaria.

A información completa pódese consultar na páxina web do centro.

 

Datas e procedemento de devolución dos libros de texto por parte das familias:

A recollida dos libros en E. Primaria realizarase na propia aula por parte dos titores e en secundaria os libros entregaranse en secretaría. As datas de devolución comunicarémolas en circular que enviaremos proximamente.

 

Libros biblioteca:

A data máxima de devolución dos libros da biblioteca que o alumnado ten en concepto de préstamo será o venres 21 de xuño. Xuntamos circular informativa da biblioteca sobre os préstamos para o verán.