Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

Comedor escolar

Menús de xuño no noso comedor

Kirby

Achegamos os menús de xuño

no noso comedor escolar.

 

Nota: @s usuari@s que necesiten un menú alternativo debido a algún problema alimentario, deberán consultar a dispoñibilidade da correspondente dieta ao persoal do comedor.

Aclaración sobre o noso comedor escolar

28/09/2016

Dende o CPI do Feal, solicitouse á sección de comedores da Consellería de Educación o aumento de prazas para este curso, pero informóusenos de que non se vai producir. Neste curso, con máis de 180 solicitudes, só podemos garantir o uso do comedor para os primeiros 89 usuarios da lista de comedor, que se corresponden co número de prazas que temos na actualidade, aínda que trataremos de facer o mellor uso posible das mesmas, permitindo que outros usuarios ocupen as prazas vacantes que se vaian producindo.

Aumento de prazas no noso comedor escolar

13/10/2014

Desde o luns 13 de outubro dispoñemos de 73 prazas no comedor escolar (para xantares), once máis das iniciais. Polo tanto serán usuarios/as de pleno dereito os 72 primeiros da lista aprobada polo Consello Escolar o pasado mes de setembro.

Listaxes definitivas dos usuarios/as do noso comedor escolar para almorzos e xantares

18/09/2014

  • Achegamos as listaxes definitivas (almorzos e xantares) aprobadas polo Consello Escolar do centro o pasado 15 de setembro, unha vez revisadas as reclamacións presentadas.
  • Terán praza de usuario/a do comedor, con dereito á bonificación correspondente en cada caso, os 61 primeiros alumnos/as da listaxe.
  • Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que durante o prazo dun mes non fagan uso do citado servizo, causarán automaticamente baixa, agás causas debidamente xustificadas polos usuarios/as ante a Dirección do centro.

Convenio co Concello de Narón para facilitar os almorzos escolares

Convenio de Almorzos 2014

21/02/2014

O pasado 6 de febreiro, o alcalde de Narón asinou un convenio cos catro centros educativos do Concello que contan con comedor escolar, para facilitar o servizo de almorzo. Isto foi necesario porque de momento o mencionado servizo non está cuberto pola administración autonómica. O convenio asinado co Concello terá vixencia ata o 31 de decembro de 2014.

Comunicado sobre o comedor escolar por parte da Dirección do centro

09/10/2013

Estimadas familias:

O luns 7 de outubro, aprobáronse no Consello Escolar do centro as listas definitivas da adxudicación de prazas para o comedor escolar de cara a este curso 2013/2014. Co respecto absoluto ás directrices que nos foron proporcionadas dende a Consellería, dende a Dirección do centro somos conscientes de que o número de prazas non puido satisfacer a todos os interesados.

O primeiro paso que demos, foi aprobar dende o Consello Escolar, o escrito adxunto que se fará chegar á Consellería, e que agardamos sexa satisfeito.

Por outra banda, gustaríanos convocarvos a unha reunión o vindeiro día 16 de outubro, mércores, ás 16:00 na biblioteca do centro, para explicar cómo dende o centro se vai xestionar o uso das prazas adxudicadas. Sen máis que dicir, e agradecendo por anticipado a vosa presenza, saúdavos Víctor Novo, Director do CPI do Feal.

Listaxe definitiva (por orde de preferencia) dos solicitantes de praza no noso comedor escolar

08/10/2013

  • Achegamos a listaxe definitiva aprobada polo Consello Escolar do centro, unha vez avaliadas e resoltas as reclamacións presentadas á listaxe provisional.
  • Terán praza de usuario/a do comedor, con dereito á bonificación correspondente en cada caso, os 44 primeiros alumnos/as da listaxe.

Servizo de comedor 2013-14

10/09/2013

O mércores 11 de setembro, poñerase en marcha de novo o noso servizo de comedor escolar. Nesta primeira xornada, só haberá servizo de mediodía; os almorzos comezarán o xoves 12.

De momento, tomarase nota dos interesados diariamente. Pregámosvos que en caso de non ter solicitado o servizo, o fagades o antes posible na secretaría. Durante esta semana que vén, facilitarémosvos impresos para levar a cabo a baremación das prazas dispoñibles.

Informannos de que o prezo para este ano será de 1'85€ os almorzos e 4'50€ o xantar.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.es
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido