Saltar navegación.
Inicio

Plástica

Hugo Graña gaña o concurso de debuxo de Nadal do Moto Club Fojeteiros

Debuxo de Hugo Graña Taracido

22/12/2013

Felicitamos ao noso alumno de 4ºB de Primaria, Hugo Graña Taracido, polo seu premio no III Concurso Infantil de Debuxo de Nadal (dentro da categoría de 9 a 12 anos). O concurso estaba organizado polo Moto Club Fojeteiros (en colaboración co Concello e Comercio de Narón).

Hugo Graña Taracido

A pegada de Jorge Peteiro

San AndrésSantó André de Teixido visto por Jorge Peteiro

26/02/2013

A pasada semana deixounos Jorge Peteiro. Este recoñecido pintor faleceu o pasado mércores na Coruña aos 53 anos. Foi capaz de crear un persoal universo pictórico cuxo estilo e temática resultaban inconfundibles. As súas paisaxes e figuras lembraban a inocencia infantil, asentado na cor luminosa e a sinxeleza de trazo. Galicia e a súa paisaxe foron protagonistas principais desta estética. Nunca deixou de buscar novos camiños, por exemplo cos murais cerámicos ou as esculturas pintadas tan características -como a da Casa dos peixes na Coruña-.

Pódese ver unha selección da súa obra en La Voz de Galicia

Arte con area

 

Mercedes Taibo, 04/12/2009

É incrible o que se pode facer con luz e area. O que escenifica esta artista é a invasión de Ucrania durante a segunda guerra mundial.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido