Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

Taboleiro xeral do alumnado

Actualización do Protocolo de Continxencia en caso de peche dalgunha aula ou todo o centro

11/11/2020

No noso Plan de Continxencia, pódese consultar como será a formación online do alumnado, en caso do peche dalgunha unidade, ou mesmo de todo o centro, como resposta á COVID 19.

Tamén podedes consultar o horario que se seguirá en cada curso, alternado videoconferencia e traballo individual.

Información para o alumnado que ten que acudir ás probas extraordinarias de setembro

31/08/2020

  • Acudir con máscara.
  • Traer o material que precise para realizar a proba.
  • Esperar no exterior do centro a que o profesorado lles indique que poden entrar.
  • Manterán a distancia de seguridade e nunca estarán en grupos de máis de 10.
  • Subirán ordeadamente respectando sempre o lado dereito de circulación.
  • Desinfectarán as mans antes de entrar na aula e ao saír da mesma.
  • Unha vez rematada a proba, terán que abandoar o centro.
  • Se algún necesita ir ao baño, sempre será individualmente e con permiso dun profesor.
  • Cando algún alumno teña máis dunha proba, poderá esperar no patio, mantendo a distancia de seguridade cos seus compañeiros e nunca en grupos de máis de 10.

Instrucións do 27 de abril da Consellería para o desenvolvemento do terceiro trimestre

29/04/2020

A Consellería ven de publicar as instrucións definitivas de como se desenvolverá o terceiro trimestre do curso. Nelas podedes ler información relativa ao calendario escolar, adaptación da actividade, titoría, currículo e adapatación das programacións e avaliación e promoción, entre outras.

Préstamo de material informático para o alumnado de familias con recursos limitados

14/04/2020

No centro aínda dispoñemos de ordenadores para prestar ás familias que os necesiten, tanto para Primaria como para Secundaria. Os interesados poden enviar un email a cpi.feal@edu.xunta.gal, poñendo ordenador no asunto, e deixando os seus datos. Dende a Dirección seredes citados para pasar a recollelos.

Retrincos de cores (publicación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia)

24/03/2020

Achegamos un caderno publicado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a partir de textos e debuxos feitos por nenos e nenas da nosa Comunidade. Chámase Retrincos de cores.

Información importante para o alumnado e as familias sobre as aulas virtuais

16/03/2020

Estimadas familias e alumnado:

Dende o Equipo Directivo e o Claustro en conxunto, queremos mandar unha mensaxe de ánimo a todos, e informar de que estamos traballando para que todo o alumnado teña tarefas durante estes días.

O alumnado desde 5º de E. Primaria ata 4º de ESO xa dispón de tarefas nas aulas virtuais. O resto de cursos, desde E. Infantil ata 4º de E. Primaria, terá a súa propia aula virtual (barra superior da web) a partir de mañá martes.

Os problemas de acceso ou calquera outra cuestión sobre o funcionamento, poderán comunicarse telefonicamente ou por correo electrónico.

As dúbidas e consultas sobre as diferentes materias serán enviadas ao correo electrónico, sendo resoltas igualmente por correo electrónico, polo profesor da materia correspondente.

Quero pedir un pouco de paciencia se tedes dificultades no acceso e que nos informedes das mesmas. Entendede que é unha situación complicada para todos, pero dende o centro traballaremos para mellorar estas ferramentas de traballo.

  • Correo electrónico: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • Teléfono: 881938177

Ánimo a tod@s.

O director.

Juan Carlos Bedia Vidal.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido