Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

Campionatos

Deporte escolar

Torneo de fútbol sala en Primaria

Fútbol 2014

29/05/2014

A pasada semana comezou o torneo de fútbol sala que se celebra todos os anos por esta época no noso centro. Nesta ocasión, participaron un total de 45 nen@s de 4º, 5º e 6º de Primaria, repartidos en dous grupos de tres equipos cada un.

No primeiro partido, Os Chunguitos derrotaron a Os Tigres. Esperemos que o tempo e a deportividade nos acompañen. Sorte a tod@s.

Baloncesto 3x3 - 2014

Baloncesto 2014

21/05/2014

Un curso máis comezamos o noso tradicional torneo de baloncesto 3 x 3. No mesmo, participan os nenos e nenas de 5º e 6º durante os recreos. Este ano temos oito equipos divididos en dous grupos. Moito ánimo a todos.

Os Campións gañan o campionato de baloncesto 3x3

Juan Carlos Bedia Vidal, 21/06/2010

Esta mañá antes do festival de fin de curso, Os Campións e os Tigres disputaron a final de baloncesto. Os primeir@s, alzáronse ca victoria despois dun bonito partido.

Moitas grazas a tod@s @s paticipantes e ata o curso que ven.

Final do campionato de fútbol sala

José Manuel Timiraos, 21/06/2010

Un ano máis disputamos o campionato de fútbol de sala. Este ano o equipo "Non sei" foi o vencedor. Grazas a tod@s @s participantes e ata o vindeiro curso.

Finais dos campionatos de baloncesto 3 x 3 e fútbol sala

José Manuel Timiraos e Juan Carlos Bedia, 11/06/2010

O luns 21 de xuño, antes do festival de fin de curso, disputaremos as esperadas finais dos nosos campionatos de baloncesto 3 x 3 e fútbol sala. Esperamos unha gran festa do deporte para rematar este curso.

Felicidades a tod@s @s participantes e moita sorte para @s finalistas.

Xa temos finalistas do noso campionato de baloncesto 3 x 3

Juan Carlos Bedia, 26/05/2010

Os Chulitos que gañaron 15 a 8 aos Campións, e os Tigres que venceron 19  a 11 aos Lakers, serán os finalistas do noso campionato de baloncesto.

A gran final disputarase un dos últimos días do curso, pero aínda non ten data fixa.

Semifinais do campionato de baloncesto 3 x 3

Juan Carlos Bedia 18/05/2010

Xa temos semifinalistas do noso campionato de baloncesto:

Os Chulitos  Os Campións venres 21 de maio 
Lakers Tigres venres 28 de maio

Moita sorte a tod@s.

Finalizou a 1ª fase do campionato de baloncesto

Juan Carlos Bedia, 30/04/2010

Hoxe finalizou a 1ª fase do noso campionato de baloncesto 3 x 3. Os nosos equipos cada vez están máis compenetrad@s e xogan máis en equipo.

A vindeira semana comezará a 2ª fase, moita sorte a tod@s.

Últimos resultados:

Os Balóns  4 Tigres  13
Lakers 21 O Equipo A  10
Os Chulitos 23 Trueno  7
Os Campións   3 O Equipo 8  0
Tigres  9 A Pandilla  8
O Equipo 8   0 O Equipo B  3

Clasificacións:

Grupo A 

Equipos Ptos. 
1º Os Chulitos  8
2º Tigres  6
3º Trueno  4
4º A Pandilla  2
5º Os balóns  0

 

Grupo B

Equipos  Ptos.
1º Lakers  8
2º Os Campións  6
3º O Equipo B  4
4º O Equipo A  2
5º O Equipo 8  0

 

Calendario dos cuartos de final:

Os Chulitos  O Equipo A  Mércores 5 de maio 
Lakers  A Pandilla Venres 7 de maio
Tigres  O Equipo B Mércores 12 de maio
Os campións  Trueno Venres 14 de maio

 

O noso campionato de baloncesto segue adiante

Baloncesto

Juan Carlos Bedia, 16/04/2010

O noso campionato segue adiante. Os nosos equipos cada día xogan mellor, e por fin, todos teñen nome.

Os últimos resultados son:

Trueno
8
A pandilla
7
O equipo A
7
O equipo B
8
Os balóns
7
Trueno
11
Os campións
12
O equipo A
2
Os chulitos
10
A pandilla
4

 

Resultados do campionato de baloncesto 3x3

Juan Carlos Bedia Vidal, 01/04/2010

O noso campionato segue en marcha. Aínda hai equipos que non teñen nome, a ver se despois destas vacacións, os nosos alumn@s veñen inspirados e arranxamos este problema.

Os últimos resultados son:

Equipo 6 8 Equipo 10 4
Equipo 2 11 Equipo 3 3
Equipo 7 10 Equipo 8 7

Os partidos xóganse no ximnasio de Primaria, durante os recreos dos luns, mércores e venres. Estades tod@s invitad@s a animar.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.es
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido