Saltar navegación.
Inicio

Fealidades

Cousas do Feal

Éxito da nosa convocatoria leiteira

Vacas

23/09/2015

A semana pasada, dende a páxina web do centro puxemos a andar un ofrecemento feito por pais de alumnos no que se trataba de aproveitar e non deixar que se estragasen 3.000 litros de leite dunha granxa da zona. A nosa convocatoria foi un éxito, e non se estragou un só litro, polo que non nos queda máis que felicitar e agradecer aos promotores da idea a súa mostra de xenerosidade, que permitiu que en dous días moitos fogares recibisen un produto básico como é o leite de xeito altruísta. Unha vez máis, grazas pola iniciativa, e amosar tamén o noso apoio ás xustas reivindicacións do sector lácteo galego.
 
O Director

Libro de visitas 2015

Aquí quedarán gardadas todas as mensaxes publicadas no oitavo ano do Libro.

Libro de visitas 2014

Aquí quedarán gardadas todas as mensaxes publicadas no séptimo ano do Libro.

O espello secreto do Feal

15/06/2013

Remata o curso e chegou a hora de desvelar algún dos segredos mellor gardados do Feal.

41 Aniversario

41

06/03/2013

O Feal xa ten 41 anos!, pero que non se estenda o pánico: este ano non facemos lipdub. Agardaremos ata os 50, non?

Visita sorpresa

Gema e Manute

22/01/2013

Hoxe levamos unha gran alegría no Feal, cando nos sorprendeu a visita de Manuel Golpe en compañía da súa irmá Gema e a súa nai Carmen Espada. Un millón de grazas por vir, e celebramos a rapidísima recuperación. Unha aperta para toda a familia!

PD: O 24/01/2013 publicouse unha nota en La Voz de Ferrol a partir do noso artigo. Ademais, Carmen Espada publicara un bonito agradecemento no seu facebook cun enlace a este artigo: "O noso agradecimento para os que foron os seus profesores e profesoras e persoal do CPI O Feal, cos que conserva unha fermosa amizade, e que o recibiron con moita alegría e cariño. Afortunadamente seguimos camiño da recuperación total."

Libro de visitas 2013

Aquí quedarán gardadas tódalas mensaxes publicadas no sexto ano do Libro.

Feliz 2013!!

Por primeira vez na Historia, entre 2012 e 2013 foi posible seguir as badaladas de fin de ano a través da web do Feal (tamén en HD). Grazas a toda a xente que comeu as uvas connosco, e especialmente aos fantásticos presentadores de Tele Feal: Natalia Martínez e David Casteleiro. Feliz 2013 para tod@s!!

Manuel Golpe xa está en casa

Manuel Golpe

Manuel Golpe Espada pintando o noso graffiti en 2008

08/01/2013

Despois do gran susto que nos deu o noso querido ex-alumno Manuel Golpe Espada (tamén coñecido por Manute), hoxe temos que celebrar que xa está na súa casa, e evolucionando favorablemente. Non sabes canto nos alegramos Manuel! Unha aperta para toda a familia.

Que nadie

23/12/2012

Esta foi unha gravación moi improvisada durante a última mañá de clase de 2012. É unha canción triste, e o cámara meteu a pata usando o zoom durante a gravación (coa correspondente perda de nitidez durante eses segundos), pero queremos deixar aquí este outro bonito recordo de 2012 no Feal. Grazas ás rapazas de 4º de ESO, e confiamos en que se animen a cantar no Festival de Fin de Curso!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido