Saltar navegación.
Inicio

Mañá de cogomelos no Feal

Cogomelos 2015

 Podes ver algunha foto máis no álbum "Outono 2015"

26/11/2015

Este xoves, o alumnado de 6º de Primaria e o de 4º da ESO tivo a sorte de asistir a unha interesantísima charla sobre cogomelos na nosa Biblioteca de Secundaria. O encargado desta actividade foi Luis Cuba, todo un experto que nos tivo atentos e moi entretidos contándonos moitas cousas das diversas especies de fungos que podemos atopar no noso contorno. Tamén nos falou das características que se deben ter en conta á hora de distinguir e identificar cogomelos. Sorprendentes algúns sabores ou olores que experimentamos cos exemplares recollidos por Luis e que poderedes observar durante un par de días se vos achegades pola Biblio. Certamente, no outono a natureza está chea de interesantes agasallos!

Cogomelos 2015

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com