Xornada de portas abertas

Xornada de portas abertas para dar a benvida ós nenos e nenas que comezan a súa etapa escolar no curso 2018/19 e ás súas familias. Os actos empezaron cunha recepción na pista cuberta para, deseguido, ter unha reunión na biblioteca co profesorado de Ed. Infantil, a orientadora e o equipo directivo. Despois de visitar as instalacións do centro e de degustar uns pinchos no comedor, os novos alumnos e alumnas gozaron correndo polo patio, nun día no que por fin a climatoloxía acompañou.