Iniciativa ARCO

Neste curso participamos no Programa Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación (ARCO), dirixido ó alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e 1º de ESO.

Esta acción vai encamiñada a mellorar o rendemento académico do alumnado. A tal efecto, foron nomeados dous profesores de reforzo (un para Primaria e outra para Secundaria) para dar apoio dentro da aula.