Reunións de comezo de curso

Convócanse as reunións coas familias. Terán lugar o martes 11 de setembro para infantil e primaria, e o 14 de setembro para ESO. Ambas reunións serán ás 11 da mañá.

Transporte Escolar 2012-2013

Aberto o prazo ata o 15 de xullo para solicitar modificacións dos itinerarios. En horario de secretaría.

Breve historia dos inicios do centro educativo de Xanceda. Un centro público do rural galego. Por Baldomero Iglesias Dobarrio.

En 1978 entramos no, por aquel entón, chamado Colexio Público de Xanceda. Anteriormente foi unha Agrupación Escolar Mixta, a de “Juanceda”. Era cabeceira da zona educativa: Xanceda (tampouco Xoanceda, como apareceu algunha vez nalgún intento de recuperar a cordura) e era unha parroquia do Concello de Mesía, a capital das once parroquias. Xanceda segue a ser a parroquia que acolle o Axuntamento e outros servizos públicos de administración local e, desde agora, a maior concentración de alumnos do ensino obrigatorio. Había escolas unitarias ou agrupacións en Boado, en Cumbraos, en Albixoi, en Cabrui, en Olas, en Visantoña, en Lanzá, en Castro, en Mesía, en Bruma, ...esta última parroquia, a máis arredada da capitalidade, era tamén a máis distante da zona educativa e quizais a menos integrada. Sen embargo si o estaba, outra parroquia de fóra do Concello, coma aínda é así hoxe, a de Abellá (Frades) e que entón tiña dúas unitarias e pertencía xa á nosa mesma zona educativa, ben fose por identificación, proximidade ou comunicación, quizais era simplemente máis accesible e cómoda que a Ponte Carreira. En definitiva era este lugar, un sitio virxe e singular, non só na súa paisaxe, tamén no seu falar, nas sinxeleza das súas xentes, nas súas economías, ritos e pensamentos, ...na súa cultura tradicional –tantas veces por min estimada non só aquí, senón por onde puiden amosala e significala abondosamente, pois segue a ser exemplo de identidade e de resistencia cultural, de amor ao noso e de dignidade. Aquí, e axudado polo meu alumnado a través de trinta e moitos anos, fixen compilacións de material importantísimo para definir a cultura galega e, concretamente, a cultura zonal propia da comarca, terras do interior e da montaña da provincia, das Terras de Mesía. Entorno precioso en praderías e camposas, habitado xa por xentes de moi nobres condicións e honradas, de carácter temperado na filosofía vital que parte do esforzo e, tamén, polas cavilacións sosegadas para resolver os problemas cotiás de cada día, xente labrega e gandeira fundamentalmente que viven e pretenden vivir do seu traballo honesto, en contacto directo coa Natureza e con sumo respecto de cara a ela. Nunha cohesión social moi ben entendida, apreciada e plena, directa.

O documento continúa con máis fotos e texto no arquivo adxunto.

Celebración do Entroido

17/02/2012 09:30
17/02/2012 13:30
Etc/GMT+1

Powered by Drupal - Design by artinet