Skip to Content

Educación Física, Física e Química, Francés, Matemáticas, Orientación, Xeografía e Historia, Inglés, Música, CC. Naturais/Bioloxía, Lingua Galega, Lingua Castelá, Artes Plásticas, Tecnoloxía, Relixión Católica, Aula de Informática

EDUCACIÓN VIAL PARA 3º E 4º ESO

O alumnado de 3º e 4º de ESO participou este pasado xoves nunha actividade encamiñada a prevención de accidentes de tráfico, organizado conxuntamente para os tres concellos de Touro, Boqueixón e Vedra pola Asociación FUNDTRAFIC.

ESta actividade contou coa colaboración do Concello de Vedra e tivo lugar nas instalación do CPI Antonio Orza Couto de Boqueixón.

Ver fotos

 

 

REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR NAS AULAS DE ESO

O Alumnado de ESO do CPI Plurilingüe de Vedra puido participar nas últimas semanas no programa RCP na aula, como parte das actividades programadas na materia de Educación Física.

O programa pretende formar ao maior número de persoas posible na reanimación cardiopulmonar básica (RCP-B).

Esta iniciativa da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 consiste en formar como instrutores de RCP-B aos Profesores de Educación Física dos centros e estes instruír, á súa vez, e como parte da programación, aos alumnos/as.

O ensino da reanimación cardiopulmonar na escola representa unha oportunidade de instruír a un gran número de cidadáns. En Europa, a RCP-B está incluída no currículo escolar en Noruega, Dinamarca, Francia, Reino Unido e España. No caso de España só inclúe protocolos básicos de primeiros auxilios en Ed. Física de 4ºESO pero a formación en RCP-B non está estandarizada. Este programa está dirixido ao alumnado de todos os cursos de ESO.

O alumnado recibe ao final do programa unha certificación oficial da realización do curso.

Ver máis fotos +

 

 

ALUMNAS DE 2º ESO PARTICIPAN NO CONCURSO NOVOS TALENTOS DE RELATO CURTO

O CPI de Vedra participará o vindeiro 9 de marzo en Santiago de Compostela no certame literario Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto! dirixido ao alumnado de 2.º da ESO  no que se busca potenciar a creatividade dos alumnos/as a través da escrita dun microrrelato en lingua galega.

Ver nova completa +

MODELO AUTORIZACIÓN INMERSIÓN LINGÜISTICA (2º ESO

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (ANEAE)

 

Desde o día 8 de maio de 2023, está aberto o prazo para solicita-las bolsas de axudas para alumnado con necesidades especifícas de apoio educativo (NEAE) e remata do 20 de setembro de 2023.

 

Enlace á páxina do ministerio: Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo (Curso 2023 - 2024) | Ministerio de Educación y Formación Profesional (educacionyfp.gob.es)

 

O CPI Plurilingüe de Vedra galardoado co V Concurso de Podcast - Radio na Biblio

O CPI Plurilingüe de Vedra é galardoado co V Concurso de Podcast - Radio na Biblio polo traballo titulado Francisco Fernández del Riego e o Galician Program, que afonda na labor do autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano elaborando guións para un programa sobre cultura galega, en galego, que a BBC emitiu mentras a nosa lingua estaba prohibida polo réxime franquista.

O guión e a locución do traballo foi a cargo do alumnado de 2º ESO Iago Lago Villanueva, Catuxa Lodeiro Fernández, Ángela Nebra Iglesias e Lola Valle Ledesma.

Enlace ao Podcast

O CPI Plurilingüe de Vedra participa nos obradoiros de Talento Mozo

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e a de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, asistiron este martes ao obradoiro Talento Mozo 2023 que tivo lugar no CPI Plurilingüe de Vedra e co que a Xunta de Galicia procura dar visibilidade á creatividade, ao potencial e á innovación da xuventude galega.

Ver noticia completa

ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO - 2022-2023

Achegamos o enlace á documentación do Departamento de Orientación para información sobre a reserva e admisión en Bacharelato e FP.

DOCUMENTO 

 

VISITA DIDÁCTICA A SANTIAGO - 4º ESO 2022

O pasado XOVES 27 de OUTUBRO os alumnos e as alumnas de 4º fixeron unha saída didáctica a Santiago acompañados polas profesoras de Inglés Begoña e Peregrina e a profesora de Historia, Mónica.

Tras 2 cursos sen excursións motivados pola situación provocada pola pandemia de covid, por fin, retomamos as nosas saídas e foi unha excursión moi especial. Non se puideron facer con eles nin en 2º nin en 3º e, por esa razón, aínda que non é a saída correspondente a 4º quixemos realizala para coñecer moitos e fermosos dos lugarescon historia da nosa cidade.

O día comezou cunha visita guiada ao Parlamento de Galicia, máis tarde comezou o noso percorrido polo centro histórico que rematou na Catedral visitando o seu interior; xa pola tarde, explicamos as catro prazas impoñentes que a rodean e rematamos coa visita ao Museo do Pobo Galego.

Aquí quedan algunhas das fotos deste día e este enlace ao albúm de fotos:

https://photos.app.goo.gl/r6EXSUCX2FLRkzoc9

Vedra medra celebra as Letras Galegas da man do Patrimonio Natural local

Vedra medra celebra as Letras Galegas da man do Patrimonio Natural local

O alumnado de 2.º da ESO tivo a oportunidade de festexar o Día das Letras Galegas 2022 no Pazo de Santa Cruz de Ribadulla. 

A Florencio Delgado Gurriarán honrámolo en Ortigueira (Vedra) cun achegamento á súa poesía paisaxística desde un lugar privilexiado, o xardín histórico do pazo, espazo botánico insuperable e próximo ao centro educativo no que viñeron medrando auténticos monumentos verdes. 

LER MÁIS

VER FOTOS

 

Distribuir contido


by Dr. Radut