Skip to Content

Educación Física, Física e Química, Francés, Matemáticas, Orientación, Xeografía e Historia, Inglés, Música, CC. Naturais/Bioloxía, Lingua Galega, Lingua Castelá, Artes Plásticas, Tecnoloxía, Relixión Católica, Aula de Informática

MATERIAIS DIDÁCTICOS de 4º ESO: A información xenética

 

UNIDADE 2: Materiais didácticos

Podes descargar (na parte inferior da páxina) os seguintes arquivos PDF:

1) Diferenzas entre ADN e ARN e entre MITOSE e MEIOSE

2) Documentación gráfica sobre CROMOSOMAS e CARIOTIPO

3) Ligazóns e información complementaria sobre CARIOTIPO, CROMATINA e CROMOSOMAS

4) Imaxe de cariotipo humano con trisomía 21

VÍDEOS:

Fonte dos vídeos: Canal de videos de Ciencias Naturais do IES Suel de Fuengirola (Málaga)

1) O ADN: introdución, historia, estructura e localización do ADN.

2) Funcións do ADN: síntese de proteínas e replicación.

3) Síntese de proteínas: a transcrición do ADN

4) Síntese de proteínas: a tradución

VISITA DIDÁCTICA AOS MUSEOS MUNCYT E DOMUS

Os alumnos de 3º ESO fixeron unha visita didáctica a dous museos da Coruña: O Museo de Ciencia e Tecnoloxía "Muncyt" e  o Museo do Home "Domus".

No museo de Ciencia e Tecnoloxía visitaron a sala Iberia, a sala de innovación española, o rincón de chapuzas, a evolución dunha especie tecnolóxica, un acelerador de partículas, un alambique, os robots, etc...

Na domus visitaron distintos módulos e exposicións.

Preme nos seguintes enlaces para ver algunhas fotos.

https://picasaweb.google.com/115080489706549507431/MUSEO DE CIENCIA E TECNOLOXIA

https://picasaweb.google.com/115080489706549507431/DOMUS

O ALUMNADO DE 4º ESO EN SANTIAGO

VISITA AO PARLAMENTO, CASCO HISTÓRICO E CATEDRALPulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Coma en anos anteriores, o alumnado de 4º de ESO participou en distintas visitas na Cidade de Santiago. A primeira hora da mañán visitaron as dependencias do Parlamento do Hórreo guiados por un funcionario do mesmo que lles explicou o funcionamento desta institución galega.

Logo percorreron as rúas do Casco histórico guiados polas explicacións da Profesora de Xeografía e Historia, Mónica, rematando pola tarde coa visita guiada ao interior e tellados da Catedral de Santiago.

Podes ver algunhas fotos neste enlace: GALERIA DE FOTOS

UNIDADE 8 / 2º ESO: Actividades interactivas

ACTIVIDADES sobre "Un universo de materia e enerxía":

- A composición e clasificación da materia.

- Táboa periódica dos elementos.

- Nomenclatura e formulación química.

Descarga o arquivo adxunto (documento PDF) e segue as ligazóns que se indican.

VISITA DIDÁCTICA A SOTAVENTO

Os alumnos de 2º ESO visitaron Sotavento

Sotavento

Preme no seguinte enlace para ver as fotos dalgunhas das actividades realizadas

https://picasaweb.google.com/115080489706549507431/SOTAVENTOTECNOLOXIA

VISITA DIDÁCTICA A EXTRUGASA

O día 17/02/2013, os alumnos de 4º ESO e 4º ESO PDC visitaron Extrugasa en Valga. 

Preme no seguinte enlace para ver algunhas fotos das intalacións visitadas.

https://picasaweb.google.com/115080489706549507431/EXTRUGASA

CONCERTO NO AUDITORIO DE GALICIA CON PACHAMAMA CREW

Este venres 22 de marzo os alumnos de 3º e 4º asistiron a un concerto do grupo PACHAMAMA CREW como premio por ser o vídeo de 4º un dos gañadores do concurso que formaba parte do proxecto "O Tesouro de Acahualinca".

Alí xunto a alumnos doutros institutos, como o de Cambre e Fene, tamén gañadores e os mozos Yelda, Paola e Juan de Acahualinca puxemos fin a un camiño emprendido hai varios meses. A alumna de 4º, Melania Baltasar Otero subíu a recoller outro premio, xa que o premio era acudir ao concerto, bolsas de agasallos do Comercio Xusto, despois de ver o noso vídeo.
Tras a recollida polos demais gañadores, tivo lugar o concerto co grupo que estivo na Chureca colaborando coa poboación hai dous anos e grabou con eles a canción "El tesoro".
https://picasaweb.google.com/s/c/transparent_album_background.gif) no-repeat left;" align="center">
CONCERTO DE ACAHUALINCA

Aquí o enlace a un vídeo cun momento do concerto:

http://youtu.be/OD5nlcETnm0</

ACAHUALINCA E O CPI DE VEDRA NA TVG E EN "EL CORREO GALLEGO"

 

O pasado mércores 20 de marzo o xornal "El Correo Gallego" recollía a visita ao noso centro dos mozos de Nicaragua.
Tamén o sábado 23 de marzo, a TVG no seu programa A Revista Fin de Semana recollía a visita e as impresións dos nosos alumnos nunha pequena reportaze.


http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-fds-554769

CHARLA COS MOZOS DE NICARAGUA

 

Este martes 19 de marzo recibimos a visita de Yelda, Paola e Juan, tres mozos da Chureca no barrio de Acahualinca en Managua (Nicaragua).
Esta visita era a terceira e última fase dun proxecto chamado "O Tesouro de Acahualinca" co que nos achegamos os alumnos de 3º e 4º á realidade da vida xunto ao maior vertedoiro de lixo de América Central.
Pero esta charla permitíunos tamén comprobar os cambios e progresos que chegaron coa axuda e cooperación desde España a través de distintos organsmos públicos e ONG como Solidariedade Internacional. 
Coñecíamos moitos aspectos da Chureca pero, sen dúbida, as testemuñas destes mozos aportaron non só máis información senón tamén unha lección de superación, loita, optimismo moi importante.

Artigos sobre Gregor Mendel no Blogue CLIMANTICA

O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO publicou varios artigos sobre Gregor Mendel, o chamado pai da Xenética e autor das chamadas "Leis de Mendel". Preme AQUÍ para ver os artigos.

Distribuir contido


by Dr. Radut