Skip to Content

Educación Física, Física e Química, Francés, Matemáticas, Orientación, Xeografía e Historia, Inglés, Música, CC. Naturais/Bioloxía, Lingua Galega, Lingua Castelá, Artes Plásticas, Tecnoloxía, Relixión Católica, Aula de Informática

Programación Didáctica do Departamento 20-21

Aquí tedes as Programacións Didácticas das materias asignadas ao Departamento  de Francés e a información básica das mesmas.

Programación Didáctica do Departamento CCNN 20-21

Aquí tendes, no ficheiro adxunto a Programación Didáctica do Departamento; tamén a información básico dos cursos ademáis dun anexo cos contidos mínimos.

PROGRAMACION DIDACTICA 2019/20

A continuación adxuntase a  programacion de fisica e quimica asi como a informacion basica para os distintos niveis.

XOGADORES DO MONBÚS OBRADOIRO PROMOVEN A VIDA SAUDABLE NUNHA VISITA AO CENTRO

Este martes día 1 de outubro contamos no centro dunha representación do club de baloncesto MONBÚS OBRADORIO entre a que se atopaban tres xogadores do primeiro equipo que milita na Liga Endesa ACB: David Navarro, Mike Daum e Dejan Kravic..

Durante o encontro tiveron ocasión de contar a súa experiencia deportiva e contestar as preguntas do alumnado de 3º ESO que participaban nesta actividade promovida desde o Departamento de Educación Física e o seu profesor José Antonio Castro, en colaboración co Obradoiro CAB e o Concello de Vedra.

A temática principal das preguntas e intervencións dos xogadores estivo centrada na actividade física, entrenos e na alimentación saudable necesaria para a práctica do deporte de competición.

Durante o encontro tamén estivo presente o alcalde do concello de Vedra, Carlos Martínez, que é gran afeccionado e practicante do baloncesto.

Ver + fotos

VISITA SANTIAGO 2ºESO - CATEDRAL E MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS

O pasado día 24 de abril o alumnado de 2º ESO realizou unha saída didáctica a Santiago de Compostela coa finalidade de visitar o Museo das Peregrinacións e a Catedral.

Durante o percorrido polo museo contemplaron a exposición e paneis dedicados ao Camiño de Santiago da planta baixa e primeira, para logo na planta segunda ver as maquetas da catedral, vitrinas sobre os acibecheiros e os prateiros, e realizar o visionado de dous videos explicativos do proceso de evolución das igrexas prerománicas, a catedral románica e da cidade de Santiago.

Logo realizaron unha visita guiada ao Pórtico da Gloria e visita á catedral cos profesores, con percorrido polas naves e deambulatorio e con explicacións dos elementos arquitectónicos, en particular da fachada de Praterías.

Ver fotos

 

 

ROTEIRO NATURAL DE CAMELLE A LAXE E VISITA A DOMBATRE E BORNEIRO - 1º ESO

O pasado 11 de abril, o alumnado de 1º ESO realizou un roteiro natural desde a localidade de Camelle a Laxe. Durante o percorrido, que durou unhas tres horas, puideron contemplar as paisaxes graníticas da zona, as praias de coídos, a lagoa de Traba e as fermosas praias de Traba, Soesto e Laxe. Nesta última localidade repuxeron forzas e disfrutaron dun tempo de diversion no arenal e algúns ata se bañaron a pesares da baixa temperatura da auga.

Pola tarde visitaron o dolmen de Dombate e o castro de Borneiro no concello de Cabana de Bergantiños, mostras dos monumentos megalíticos e da cultura castrexa propias do noroeste peninsular.

Esta actividades estivo organizada polo profesorado dos departamentos de Educación Física e Xeografía e Historia, que acompañaron ao alumnado durante o percorrido realizando as explicacións.

 Ver fotos

 

3ºESO VISITA SANTIAGO: casco histórico, Pórtico, Catedral, ...

O alumnado de 3º de ESO realizou unha completa visita á cidade de Santago de Compostela, que incluíu un percorrido polas rúas e prazas principais do casco histórico, unha visita guiada ao Pórtico da Gloria e á catedral, para finalmente rematar no Museo do Pobo galego. A saída didáctica foi organizada polo profesorado do Departamento de Xeografía e Historia que se encargou das explicacións nos distintos percorridos.

Ver fotos 

O CPI de Vedra participa no Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto!

O CPI de Vedra participou na 11.ª edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto! promovido pola compañía Coca Cola e no que colaboran as universidades de Santiago, Vigo e A Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Este certame literario dirixido exclusivamente ao alumnado de 2.º da ESO busca potenciar a creatividade dos alumnos/as a través da escrita dun microrrelato en lingua galega.

A sesión desenvolveuse na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela o pasado 15 de marzo e nela estiveron representándonos Teresa Tato, Antía Vázquez, Elia Torres e André Parra.

Os catro realizaron unha proba escrita na que debían usar catro das seis palabras que lles foron propostas antes do comezo: SAUDADE, SOLPOR, BEIZOS, FERVENZA, MERGULLAR e ACARIÑAR.

"DI KE NON" - Actividade de Prevención da drogodependencia

Este pasado martes, 15 de xaneiro, o alumnado de 3º e 4º de ESO participaron nunha actividade encamiñada á prevención da drogodependencia.

Di K Non é unha experiencia educativa na que os presos da UTE (Unidade Terapéutica Educativa) do Centro Penitenciario de Teixeiro comparten as súas experiencias cos escolares galegos para evitar que se poidan tomar drogas.

Esta iniciativa, posta en marcha pola Fundación Barrié e pola Unidade Terapéutica Educativa (UTE) de Teixeiro en outubro de 2011, é unha experiencia pioneira na educación que foi ben recibida pola comunidade educativa e foi premiada o ano 2018 pola Fundación Galega contra o narcotráfico pola súa labor de prevención da adicción ás drogas entre os adolescentes galegos e o alto valor terapéutico educativo dos espazos libres de drogas nas prisións, facilitando a reinserción social dos reos.

Máis de 8.000 estudantes participaron en Di K Non desde o seu lanzamento en 2011. Este curso só 10 centros foron seleccionados para participar nesta experiencia.

A actividade consistiu nunha representación teatral dos internos do cárcere de Teixeiro e un encontro-conversa dos mesmos co alumnado nunha primeira xornada no centro, para completarse cunha visita ao cárcere noutro día (no caso do CPI de Vedra o vindeiro día 22 de xaneiro). Nesta ocasión só participará o alumnado de 4º de ESO.

Ver fotos

 

 

O CPI DE VEDRA DISTINGUIDO CO PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2018

O CPI de Vedra acaba de gañar o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2018 convocado pola Consellería de Educación entre os centros docentes públicos que foron admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2017/18.

"De redes e afectos ou como converter nun activo para a dinamización o patrimonio local contextualizado. Os proxectos do CPI de Vedra: superando límites, integrando partes" é o título do traballo presentado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega galardoado nesta ocasión.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI de Vedra vén coordinando nestes últimos anos unha serie de actuacións con base no patrimonio local vedrés baixo a marca Vedra medra.

Este é o terceiro recoñecemento que acadamos despois de ter recibido o Premio didáctico Antón Fraguas promovido desde o Museo do Pobo Galego e o Premio a proxectos de innovación en dinamización lingüística que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Parabéns á toda a familia de Vedra medra e a seguir traballando POR UN PATRIMONIO VIVO!!

Xulia Marqués (Coordinadora do EDLG e do Vedra medra)

Distribuir contido


by Dr. Radut