Skip to Content

Encontro virtual con NATALIA BARREIRO, ex alumna CPIde Vedra e investigadora da vacina galega do COVID-19

Este venres, 12 de marzo, o alumnado de 6º e 5º de Primaria tivo a sorte de manter un encontro por videoconferencia coa investigadora do CIQUS, NATALIA BARREIRO PIÑEIRO, que agora centra o seu traballo na vacina galega do COVID-19.

Natalia Barreiro  é natural de San Miguel de Sarandón (Vedra) e estudou no CPI de Vedra ata o 2005. No 2012 licenciouse en Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. En 2013 acabou o máster de Investigación Biomédica e en 2018 doctourouse en Medicina Molecular pola Universidade de Santiago de Compostela.

Natalia centrou a súa exposición en nos aspectos que máis interesaban ao alumnado: os estudos ata chegar ao posto que hoxe ocupa e as investigacións que leva actualmente. Aproveitou para aclarar dúbidas sobre as vacinas que preocupan á sociedade, e, ante as preguntas do auditorio, tamén se referíu a cuestions sobre temas de igualdade no seu traballo.

Por outro lado, tamén lembrou o seu paso polo CPI de Vedra, as vivencias, ao profesorado e manifestou "o que sempre botei de menos foi a comida do comedor, sobre todo o arroz con polo".

Este encontro co alumnado do CPI terá continuación o vindeiro venres día 26 de marzo con alumnado de 3º e 4º de ESO.

ENTREVISTA E VIDEO NO CORREO GALLEGO REALIZADA CON MOTIVO DO DÍA 8 DE MARZO

VER SÓ O VIDEO  



story | by Dr. Radut