VISITA AO CENTRO HISTÓRICO E CATEDRAL DE SANTIAGO
O alumnado de 4º ESO realizou o mércores 14 de maio unha visita á cidade de Santiago. Esta incluía un percorrido polo centro histórico (portas, rúas, prazas, edificios destacados, para posteriormente facer unha visita guiada completa á Catedral: portadas, cubertas, interior, ...
A actividade organizada polo Departamento de Xeografía e Historia completouse cunha visita, das derradeiras horas da tarde, ao convento San Domingos de Bonaval: igrexa, museo do Pobo Galego, Panteón de Galegos Ilustres e a famosa escaleira helicoidal.