GRAN CONCURSO LOGOTIPO DO CPI A CAÑIZA
BASES DO CONCURSO
CURSO 2010/11
(Se queres descargalas en formato PDF preme aquí)
Obxectivo
Creación dun logotipo inédito do CPI A Cañiza para a páxina web do centro.
Quen pode participar?
Calquera alumno/a do CPI A Cañiza que curse a ESO, de forma individual ou en equipo.
Os grupos terán un máximo de 4 membros.
Como deben ser os deseños?
Os deseños do logotipo do centro deben ser orixinais e tentar que representen o mellor posible o centro.
Como presento os meus deseños?
-
Sobre soporte bidimensional (papel, cartolina...) de formato DIN A4 realizado na técnica que mellor se adapte ao que queres representar. Podes usar lapis grafito, lapis de cores, rotuladores, collage, traballar no ordenador e despois imprimilo, etc...
-
No anverso da folla ou lámina co debuxo deben aparecer o nome e apelidos do autor/es, así coma o curso e grupo ao que pertencen.
Prazos de presentación
O último día de presentación será o día 17 de decembro de 2010.
Onde o entrego e a quen?
Podes entregalo a calquera das profesoras de Educación Plástica, Marta ou Laura,na aula de plástica ou na sala de profesores.
Quen é o xurado?
Formarán parte do xurado os seguintes profesores/as:
-
Javier Souto
-
Xabier Álvarez
-
Marta Acitores
-
Nuria Ameijeiras
-
Laura López
Cal é o premio?
O deseño gañador converterase no logotipo oficial da páxina web do centro.
Resolución do xurado
O resultado farase público á volta de Nadal.
O xurado resérvase a opción de modificar/adaptar o deseño en función da súa finalidade.
Segue os seguintes consellos para crear un bo logotipo