INICIO CURSO ESCOLAR 2019/2020

Benvida a todos os membros da comunidade educativa ao novo curso escolar. Como sabedes, mañá, día 11 de setembro, os alumnos de Educación Infantil e Primaria voltan as clases e tamén empiezan a funcionar os servizos de comedor e transporte.

O concello ven de realizar melloras nos arredores dos edificios de Infantil e Primaria: beirarrúas, pasos de peóns, canalizacións, etc. para facilitar o acceso dos alumnos a pé. Para evitar as aglomeracións á entrada e saída e non obstaculizar a circulación do transporte escolar, prégase limitar na medida do posible o acceso en vehículos particulares e parar ou estacionar exclusivamente nas zonas permitidas.

Recordamos que neste Centro a maioría dos alumnos poden utilizar este servizo.

Un saúdo,

O equipo directivo.