Skip to Content

Secretaría

Admisión alumnado curso 2022/23

 Ábrese o prazo de solicitudes de admisión do 1 ao 21 de marzo. Achégase listaxe de vacantes e instrucións para a tramitación das mesmas.

Máis información accedendo á aplicación de admisión da CCEU ou descargando o manual para as familias sobre solicitudes de admisión da Xunta de Galicia.

 

 

Eleccións ao Consello Escolar (curso 2021/22)

Publicación de información para as familias e documentación relacionada coas eleccións ao Consello Escolar que se celebrarán o vindeiro luns 22 de novembro de 2021.

Modelo Declaración Responsable para descarga

Admisión e matrícula curso 2021/2022 (con impresos para descargar)

Informamos do comezo dos prazos de matrícula, do 20 ao 30 de xuño para novo alumnado de Infantil e Primaria e do 28 de xuño ao 10 de xullo para o alumnado de ESO.

Os impresos e documentación están aquí a disposición para descarga e tamén se poden recoller na secretaría do centro.

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar (Curso 2021/2022)

Ábrese o prazo de solicitudes para participar no fondo solidario de libros de texto e para recibir axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado de educación primaria e secundaria obrigatoria. O prazo de presentación das mesmas é do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021.

Enlace á Orde no Diario oficial de Galicia

Para presentación electrónica, poden acceder á aplicación correspondente facendo clic aquí.

Para presentación presencial no centro (ou por rexistro): utilice os Anexo I e Anexo II  da Orde de convocatoria.

Manual de usuario para os cidadáns: enlace

Máis información | Fondo Libros

Instrucións para solicitar axudas de COMEDOR

As solicitudes de axudas deberán tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia.

As familias que non  teñan posibilidades de facer esta tramitación, poden facela a través do centro, para iso deben  aportar  por vía telefónica  (de 9:30 a 13:30 h)  chamando ao telf: 881 880501 e/ou por e-mail:  cpi.cruce@edu.xunta.es  os seguintes datos:

a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)
b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería
c) Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas
d) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

Se algunha familia non quere facilitar a conta bancaria pode autorizar  á Xunta a consulta de datos

O centro xa se encarga tramitalo

Información Curso 19-20

Enderezos eléctronicos do profesorado de ESO

 

Calendario Escolar 19-20 

 

A MATRÍCULA PARA 1º DE BAC EN ORDES É OS DIAS 7 e 8  de XULLO

Distribuir contido


by Dr. Radut