Visita á Praza de Abastos polo alumnado de 3ºEd.Primaria
O alumnado de 3º de Ed.Primaria fixo unha visita á Praza de Abastos onde puideron ver diferentes productos: ecolóxicos, froitaría, gourmet, panadaría, peixaría, carnizaría, salgados,... incluíndo a elaboración da súa propia pizza e unha visita pola vila.
Esta saída permitiulles repasar temas tratados no trimestre e adiantar o que virá no próximo: fraccións, accidentes xeográficos, alimentación saudable, ...
Grazas a tódolos praceiros e a colaboración do Concello de Baiona a actividade foi un éxito!!