As propiedades da materia

Sabedes cantas cousas podemos aprender observando os obxectos máis simples?

En 5ºB estivemos analizando as propiedades xerais da materia: a masa e o volume. Fixémolo pesando e medindo o volume de obxectos variados, coa axuda dunha báscula electrónica e uns recipientes graduados.

Partitura LOS SIMPSONS

Os rapaces e rapazas de 6º A e 6º B van aprender unha alteración máis, o Fa#. Para iso imos traballar unha coñecida melodía, pequena pero complexa, a música dos debuxos animados, Los Simpsons.

 

CONTINUAMOS COS COMPASES...

Nesta entrada de musicameruelo.wordpress.com podedes repasar a teoría dos apuntamentos dos compases. Botádelle unha ollada cando estudedes para o exame!!!

IMOS PRACTICAR AGORA COS ACENTOS

 

Neste enlace de aprendomusica.com atoparedes unha serie de melodías que debes escoitar para logo colocarlles os acentos a aquelas figuras musicais que se pronuncian con maior forza, tendo en conta os tempos fortes e débiles de cada tipo de compás. Para músicos expertos coma vós será moi sinxelo!! Animádevos a probar!!!

EXERCICIOS DE REPASO DOS COMPASES

Clicade na imaxe para facer os exercicios de repaso desta unidade (aprendomusica.com). Veredes que sinxeliños son...

 

 

Repasamos contidos básicos da linguaxe musical

Estes exercicios de aprendomusica.com son de repaso dos contidos máis básicos de Linguaxe Musical, que estudiamos nos temas anteriores. Adiviñaredes as catro preguntas???

 

Partitura BSO TITANIC

Os rapaces e rapazas de 6ºA e 6ºB están aprendendo a tocar un anaco da BSO da película de Titanic. Creada por James Horner, tenta retratar o dramático afundimento do Titanic tralo choque cun iceberg. Nesta entrada déixovos un enlace á partitura. Recordade que todas as notas SI desta partitura son "bemoles", polo que a posición para tocar esa nota musical na frauta non é a do SI "natural".

 

 

CernaBlogs