[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28
XORNADA DE PORTAS ABERTAS_CURSO 2024_25 Páxina pipaca 05/02/2024 - 13:50
OS MANDADOS DO MECO Páxina pipaca 02/02/2024 - 16:16
CROS PORTO DO SON Páxina gedepevi 02/02/2024 - 14:10
DÍA DE CASTELAO Páxina pipaca 30/01/2024 - 15:37
MENÚ MES DE FEBREIRO Páxina gedepevi 30/01/2024 - 11:16
CHARLAS SOBRE O SISTEMA FISCAL Páxina pipaca 26/01/2024 - 12:23

Novas APP de Ópera para o público infantil e xuvenil

Ópera XXI, a Asociación de Teatros, Festivais e Temporadas Estables de Ópera presenta dúas aplicacións para móviles e tabletas a través das cales os nenos poden achegarse ao mundo da ópera. As dúas aplicacións, denominadas Play Ópera e Vamos a la Ópera están dispoñibles para descarga de balde en IOS e Android.

 

Vamos a la Ópera

Esta aplicación, recomendada para nenas/os de entre 6 e 12 anos, propón acompañar a un grupo de escolares na súa visita a un teatro de ópera.  Unha guía acompañará ao grupo que descubrirá como funciona o teatro e a cantidade de funcións e oficios que se poñen en marcha para producir un espectáculo de ópera.

 

Play Ópera

É unha innovadora aplicación musical que presenta cinco fragmentos de cinco óperas de amor, ilustradas por recoñecidos artistas, que persegue emocionar aos nenos  coas historias de amor de príncipes, princesas, labradores, bufóns, duques e asasinos. Nela poderedes atopar unha ficha dos personaxes e unha sinopsis da ópera á que pertencen: La Flauta Mágica de Wolfgang Amadeus Mozart, Turandot  de Giacomo Puccini, La Cenerentola de Gioachino Rossini, Rigoletto de Giuseppe Verd e Luisa Fernanda de Federico Moreno Torroba.

 

Se queredes descargar algunha destas App, clicade na imaxe.

 

 

Aprendemos matemáticas coa papiroflexia

 A papiroflexia ou o origami son duas palabras raras que fan referencia a unha técnica que consiste en facer figuras de papel dobrándoo varias veces, sen cortalo nin pegalo.

E claro os nenos de 2ºB, aproveitamos para aprender matemáticas facendo unha paxariña de papel.

Biografía de Kandinsky

Os nenos e nenas de 3ºA seguimos aprendendo cousas sobre Kandinsky.

Esta semana estivemos buscando información sobre o que era unha biografía e despois cada quen leu en alto o que sabia e fomos sacando algunhas ideas.

A proporcionalidade

En Matemáticas estamos estudando a proporcionalidade; e neste vídeo axúdannos a entedela moito mellor.

 

VISITA Á TVG

Cadros de Kandinsky.

@s nen@s de 3ºA estamos facendo un proxecto sobre Kandinsky en tres áreas distintas do currículo.

En matemáticas estamos utilizando un dos seus cadros para medir e calcular radios e diámetros.

Esta semana fixemos dúas actividades:

Eclipse solar 2015

Para facer algo diferente neste festivo, propoño deleitarnos vendo un eclipse solar. Aproveitando que os expertos din que en Galicia será o lugar de España onde mellor se vexa, e non temos moitas ocasións coma esta, deixo unha ligazón con máis información. Pincha aquí e accede.

A foto amosa como se verá o sol nas distintas horas.

Obradoiro de reciclaxe

Hoxe repasamos a importancia que ten reducir, reutilizar e reciclar distintos materiais. O ano pasado aprendemos a reutilizar e este ano a reciclar.

As mozas do ano pasado ensináronnos como facer papel reciclado.  Tamén nos recordaron que o máis importante é reducir e iso non o pode facer ninguén máis ca nós mesmos.

 

Distribuir contido