[Actividade recente]

Título Tipo Nomearranxar por icona Data de envio
VÍDEOS: OS ANIMAIS Páxina Anónimo 06/06/2017 - 22:08
Os nosos libros favoritos Páxina Anónimo 17/06/2015 - 14:22
EXPOSICIÓN DE MAQUETAS: "O SISTEMA SOLAR" Páxina Anónimo 07/02/2019 - 17:57
o N é un tobogán para formigas!! Historias Anónimo 17/02/2009 - 14:25
Mochila Viaxeira Clásicas Secundaria Historias Anónimo 10/06/2014 - 20:31
Páxina 02 Páxina de libro Anónimo 05/05/2015 - 17:49
English for toddlers. Páxina Anónimo 19/02/2022 - 17:17
A MOVER O ESQUELETO Historias Anónimo 14/06/2010 - 19:41

BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS

O prazo para solicitar unha beca para realizar estudos postobrigatorios o vindeiro curso escolar é do 19/03/2024 ao 10/05/2024.

No seguinte enlace  podes acceder á páxina de información sobre becas e axudas convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, segundo os diferentes tipos e niveis de ensinanzas.

BECAS E AXUDAS PARA ESTUDAR

Accedendo a este enlace podes acceder aos pasos para a solicitude de becas de FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios, facilitados no portal do Ministerio de Educación e Formación Profesional. 

COMO SOLICITAR A BECA

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER

ADMISIÓN ALUMNADO

O 1 DE MARZO, abre o prazo de preinscrición correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos o curso académico 2024-2025 no noso centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.

O prazo abrangue do 1 ata o 20 de marzo do 2024

Esta solicitude deberase presentar preferiblemente por SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, no centro educativo solicitado en primeiro lugar, ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.

Poden descargarse os impresos accedendo a web da Consellería, e tamén estarán a disposición das familias no propio centro a partir do 1 de marzo. 

ENLACE WEB DE ADMISIÓN ALUMNADO

Documentación Admisión:

  • Impresos de solicitude (ED550B - anexo II)
  • DNI dos pais, do alumno/a e dos membros computables da unidade familiar.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demáis membros computables da unidade familiar.
  • Tarxeta sanitaria do alumno/a.
  • Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, se procede.
  • Carnet ou documento que acredite a condición de familia numerosa e/ou monoparental, se procede.
  • Documentación xustificativa da condición de vítima de violencia de xénero, se procede.
  • Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello onde resida a familia, no caso de que as persoas proxenitoras ou titoras  carezan de DNI ou NIE.
    ED 550 B-G
    ED 550 B-C
    Calendario proceso de admisión
    Manual de usuarios das familias
    Criterio complementario
    Oferta de postos escolares
    Información de admisión
    Resultado sorteo  admisión

MENUDA CAMPIONA!

A alumna Cayetana García Recarey, de 6º de Primaria, acadou hoxe o primeiro posto na proba de  atletismo na categoría Infantil feminino. Clasifícase así para o campionato provincial de Cros escolar o vindeiro 15 de marzo en Porto do Son. Parabéns a esta gran corredora!

ENTROIDO

As máquinas e a tecnoloxía inundaron o venres de Entroido o CPI Cernadas de Castro. O alumnado, as familiase o persoal do centro disfrutaron dun desfile no que non faltou a imaxinación e o colorido. Mostra do mesmo son as fotos que podedes ver na galería de imaxes premendo no seguinte enlace.

FOTOS ENTROIDO

 
 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS_CURSO 2024_25

OS MANDADOS DO MECO

Distribuir contido