Os programas de diversificación curricular, como medida excepcional de atención á diversidade, deben recoller un tratamento distinto dos contidos que integran, de forma xeral, o currículo. Como criterio básico estará a determinación dos contidos nucleares ou fundamentais do currículo, aqueles que resultan imprescindibles para aprendizaxes posteriores e que contribúen ao desenvolvemento das competencias básicas. Na súa estrutura, que supera a presentación disciplinar, procurarase a integración das distintas materias arredor de unidades ou bloques, cunha dimensión globalizadora ou interdisciplinar. O referente serán os obxectivos xerais da etapa e as competencias básicas. Fomentarase a participación activa do alumnado, tanto de xeito individual como no traballo en grupo. Incidirase na procura de que o alumnado sexa capaz de aprender a aprender e de aumentar o grao de autonomía persoal.
|
|||