Activistas polo mundo que queremos

ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS

Todos os cursos de Educación Secundaria, participaron na actividade "Activistas polo Mundo Que Queremos", un proxecto integrado na plataforma Plan Proxecta da Consellería de Educación e financiado por Cooperación Galega. Tres ONGDs, xuntan as súas forzas e recursos para levar aos institutos galegos as realidades do Sur e fomentar un alumnado mais critico, participatvio e antirracista. Abordouse  ao longo do curso a través de varias sesións virtuais, nas que a través de metodoloxías innovadoras como a análise doutras realidades, unha videoconferencia coa activista Patricia Lamelas desde a República Dominicana, a radio como metodoloxía de comunicación transformadora e de denuncia, ou a contrapublicidade e o ciberactivismo apoiaron ao alumnado para construír activismos xuvenís que transcendan o centro educativo.
Levou máis sesións das iniciais previstas, pero os resultados pagaron a pena. Nestes enlaces podedes escoitar os programas radiofónicos que realizou cada curso:

1º ESO CASTROVERDE


2º ESO CASTROVERDE


3º ESO CASTROVERDE


4º ESO CASTROVERDE

Distribuir contenido