Recreos activos

RECREOS ACTIVOS

O alumnado de 4 está a organizar unha serie de torneos que se levarán a cabo ao longo dos recreos do curso onde poderán participar todos aqueles alumnos e alumnas que o desexen. Seleccionáronse cinco deportes: dous deportes de invasión como son o fútbol sala e o baloncesto e tres deportes de cancha dividida como son o voleibol, o tenis e o bádmiton.
O alumnado organizador dividiuse en catro áreas de traballo que son:
A área de dirección: encargada de complementar os reglamentos federativos con normativa que fomente o "fair-play" e vele polo cumprimento das normas de convivencia.
A área de competición: encargada de realizar o calendario de competicións, actas de partidos e calendario de arbitraxe.
A área de loxística: encargada do control do material e do acceso ao pavillón.
A área de marketing e comunicación: encargada de converter todos os documentos a formato dixital e da cartelería.
Os torneos darán comezo en febreiro así que estade atentos/as á web para ver as últimas novas!!

Distribuir contenido