Por 365 días de respeto e igualdade

POR 365 DE RESPECTO E IGUALDADE


O programa "Por 365 días de respecto e igualdade: prevención da violencia de xénero no ámbito educativo", ten como obxectivo principal proporcionar ás mozas e aos mozos galegos, dende a escola, formación e ferramentas que lles permitan coñecer e recoñecer a violencia contra as mulleres e actuar na súa prevención, fomentando a autoestima, a autonomía, o coñecemento da construción social das súas identidades sexuais e a asignación de roles, o que permitirá traballar na eliminación de estereotipos sexistas e de falsas crenzas.

 

O programa é un dobre convite para o profesorado: por unha banda para reflexionar en primeira persoa sobre a violencia de xénero, e por outra banda, para compartilo co seu alumnado a través das actividades propostas.

CONVOCATORIA

Distribuir contenido