Nós tamén creamos

NÓS TAMÉN CREAMOS

"Nós tamén creamos!" é un programa de promoción da adquisición, do uso e da valoración da lingua galega na aula por medio da creatividade e da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación ás aulas. Inclúe a formación do profesorado no uso das TIC vinculadas á linguaxe audiovisual, así como nas características da comunicación audiovisual; a dotación dunha colección de álbums ilustrados en galego e o asesoramento na fase de desenvolvemento do proxecto. Coa formación recibida, 1 ou 2 equipos de cada centro realizarán, co alumnado do 2º ciclo de educación infantil e/ou 1º, 2º, 3º e 4º cursos  de educación primaria, curtametraxes de animación en galego coa técnica stop motion a partir dun dos álbums ilustrados recibidos a principios do curso. Estas publicaranse no web da CRTVG e algunhas delas poderán ser difundidas na segunda canle da televisión autonómica.

Convocarase ademais unha nova edición do concurso de curtas de animación en galego que está a funcionar desde o curso 2011-2012; a este certame poderán concorrer, entre outros, os centros de titularidade pública inscritos en Proxecta.

Os obxectivos que pretende traballar o programa son os seguintes:

 

  • Ler álbums ilustrados en lingua galega e adaptalos á linguaxe audiovisual.
  • Adquirir competencias nas TIC coa finalidade de realizar películas de animación.
  • Crear curtametraxes de animación en lingua galega usando as TIC e diversas técnicas artísticas.
Distribuir contenido