Dinamización da Lingua Galega

VISITA DE SABELA NÚÑEZ SINGALA

O mércores 3 de abril, visitounos Sabela Núñez Singala para falar do seu libro “ O agasallo de Anya” que leron os nenos/as de 5º e 6º de E.Primaria, e 1º, 2º ESO. Despois dunha exposición sobre as orixes do libro e outros aspectos relacionados co mesmo, Sabela contestou a moitas preguntas que lle fixeron os alumnos/as.

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA

No 182 cabodano do seu nacemento, os alumnos/as do Centro rendéronlle unha sinxela homenaxe obsequiando á comunidade escolar coa lectura de poemas dos  libros   “Cantares Gallegos” e “Follas Novas”.

Varios alumnos/as de 3ºESO e o seu profesor, tocaron Negra Sombra , usando como instrumentos “Ocarinas”.

Os alumnos/as de 5ºE.P. fixeron unhas ilustracións de cada un dos poemas que lles tocou ler.

FEDERICO GARCÍA LORCA

VIVINDO A POESÍA EN COMUNIDADE

O próximo martes 26 de febreiro terá lugar unha intensa xornada de lecturas compartidas en galego e en castelán sobre distntos fragmentos da obra de Federico García Lorca. Esta actividade, que implica á totalidade do centro educativo, está coordinada pola profesora Cristina González Grandas. Animamos a todos e todas a pasar pola biblioteca e presenciar a maxia da poesía lida polos rapaces e rapazas do CPI Plurilingüe de Castroverde.

1ª hora           2ª hora                 3ª hora                   4ª hora /5ªhora                  tarde                     
3º ESO 4º ESO Aplicadas  4º ESO Académicas  2º ESO   4º ESO APLICADAS
1ºEP+5º EP 2º EP +6º EP  3º EP 4º EP  2º EP +6º EP

DÍA DE ROSALÍA NO CPI PLURILINGÜE DE CASTROVERDE

O día de Rosalía celebrouse con múltiples actividades na biblioteca do CPI de Castroverde nas que participaron o alumnado de primaria e de secundaria.

Agradecemos ós equipos de biblioteca e dinamización da lingua galega o intenso traballo realizado.

O alumnado, dirixido por Cándido Díaz, interpretando  Negra Sombra  coas ocarinas elaboradas coa impresora 3D.



 

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i
 eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás
nunca,
sombra que sempre me asombras.

CIENCIA NA BIBLIOTECA

Sendo novembro o mes da ciencia en galego nas bibliotecas, quixemos acercar as nenas e nenos de Educación Infantil e Primaria á Biblioteca,  para ver unhas exposicións de invertebrados ( insectos, arácnidos, crustáceos) ,  minerais e rochas, e tamén ver uns experimentos sinxelos.

Distribuir contenido