DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe, día 24 de outubro, celebramos o Día Internacional das Bibliotecas. Para a ocasión, dende a biblioteca do CPIP de Castroverde propoñemos unha exposición virtual titulada "A lectura en 50 obras de arte". 

Seleccionamos pinturas, todas relacionadas co mundo literario. Son de distintas epocas, países e de diferentes correntes artísticas.  Algunhas  témolas visto moitas veces  e outras son para descubrir.

 

Observar esta mostra  artística é inspirador. É unha invitación para coller un libro ou un xornal e para ler sen importar o lugar nin o momento.

O CPIP DE CASTROVERDE NA ACOLLIDA AOS AUXILIARES DE CONVERSA 2022

O noso centro recibiu a invitación de compartir a nosa experiencia cos participantes na xornada de acollida aos novos auxiliares. O auxiliar de conversa e a mestra de inglés de primaria falaron da súa práctica conxunta. Agardamos que isto sexa útil aos que se enfrontan a este reto por primeira vez.

CHARLA SOBRE RECICLAXE

O venres tivemos a visita de Cris, de Sogama, que veu a Castroverde para falarnos de reciclaxe. Resultou ser unha charla moi interesante e entretida. 

Pensabamos sabelo todo, mais aprendemos cousas novas! 

Para comezar xa coñeciamos as 3 R, mais hoxe falamos  da 4° R : a  de recuperar enerxeticamente, para facer electricidade e biocombustible, é dicir, para producir enerxía. 

 

Por outra banda sabiades vós que hai que chamar o contenedor amarelo "contenedor de envases lixeiros" en vez de chamalo o contenedor de plástico?

E coñecedes os ecodeseños, que son os produtos que danan o menos posible a natureza?

 

Enteramonos tamén  que actualmente o contenedor que máis se enxa na nosa sociedade é o de papel. Polo tanto temos que lembrar aproveitar todas as caras dos folios e usar as partes que quedaron sen escribir.  

E despois de usar o papel, coidado! Non podemos tirar papel  que ten graxa ou panos sucios no contenedor azul! Esa Pasta que se fai co papel/cartón usado non se pode fabricar se leva residuos e graxa. 

Ademais de todo iso, hai que ter moito ollo! Se tiramos unha axenda por exemplo, hai que desfacela  e quitar o plástico e as Anillas de metal. Tamén hai que sacar as grapas e os clips dos documentos...

 

E falando de graxa, lembramos que 1 litro de aceite contamina 100 litros 

de auga e que polo tanto hai que botalos en botellas ben pechadas nos contenedores específicos.

 

Outro dato importante é que nos composteiros non todo vale! Non podemos botar nin cabelos, nin os escrementos das nosas mascotas, nin lácteos, nin aceite!  

 

E como eses trucos, vimos decenas de cousas que podemos facer  nós (ou que non debemos facer) para contribuír a limitar a contaminación do planeta. 

Agora só queda poñer todo iso en práctica no cole e nas casas! Como xa sabedes, é cousa de tod@s!

TERTULIA CIENTÍFICA DIALÓXICA: CURIOSIDADES SOBRE O ELECTRÓN

O 26 de outubro de 2022 a partir das 17:30 horas terá lugar unha tertulia dialóxica científica sobre o electrón. O texto da tertulia, sobre 5 curiosidades sobre o electrón, está no seguinte enlace:

https://javierguerreroruano.blogspot.com/2022/09/el-electron-10-curiosidades-que-no-te.html?m=1

As persoas que desexen participar na tertulia deberán conectarse a través de Webex co seguinte número  844560333.

As persoas que o desexen poden solicitar unha copia en papel no centro educativo.

(Actividade de excelencia)

Distribuir contenido