ENGLISH SQUARE AT LAST!

Por fin volvemos disfrutar de novo do noso "ENGLISH SQUARE".

Tras case un ano e medio de parón con esta actividade por motivos de seguridade e protocolo Covid, empezamos a ver a luz volvendo a panelar os nosos muros didácticos. A idea de English Square naceu fai máis de 8 anos como un proxecto dinámico de clase onde os taboleiros non foran meramente expositivos, senón que o alumnado participase activa, creativa e dinamicamente a través deles. Deseñan materiais e resolven retos semanais onde a memoria, a investigación e as probas de velocidade contribúen a mellorar de xeito lúdico e dinámico a súa competencia na lingua inglesa. Forma parte dunha de tantas actividades que amparan o proxecto plurilingüe do CPIP de Castroverde.

Cada semana observamos o interese do alumnado por desplegar a lengüeta do sobre "DID YOU KNOW...?" que agocha o reto semanal.

E ti... estás preparado para o que aparecerá esta semana? Só hai unha pista. É un reto matemático. Aí queda a intriga...

AdjuntoTamaño
IMG-20211030-WA0002.jpg405.15 KB
IMG-20211030-WA0003.jpg465.88 KB