Skip to Content

Portada horto escolar

Portada

Recolectando e Reconectando!

Que esquecidiño tiñamos o noso blogue do horto!

A verdade é que o ano pasado foi un ano moi complicado. Por unha banda estivemos a arranxar o noso invernadoiro que agora ten unha apariencia xenial xa que está todo noviño. Logo tivemos un inverno longo e incesante no que a climatoloxía non nos deixou asomar a cabeza ata case o mes de Maio.

Aínda así logramos formar o novo equipa do horto escolar con moitas caras novas e outras que xa repetían a experiencia. Agora que estivemos recolectando os froitos do noso traballo nestes meses quixemos tamen reconectar convosco a través da rede para amosarvos un mundo que a nós fascina. Así que ahí vos vai unha breve crónica do que foi o ano pasado:

Como xa vos dixemos, temos un invernadoiro totalmente noviño e modernizado para poder cultivar nel aquelas cousiñas que nos apetecía. Este ano cultivamos leitugas, tomates e pementos de diferentes variedades e tipoloxías, remolacha de mesa, cenorias, berenxenas, brécol e coliflor. Además preparamos na zona de froiteiras unha estructura de emparrado e prantamos varias prantas de kiwi que pouco a pouco medran e están xa a trepar polos arames.

Prantamos tamén uns titores para tomates e pementos. Con estos titores non nos referimos aos titores que dan clases (os profesores) senón a un sistema de estacas que se emprega para axudar e guiar no crecemento as prantas e que mais adiante axudan a soster todo o peso cando xa dan os froitos.

Tamén montamos un sistema de regadío por goteo automatizado cun programador xa que no verán as prantas non atenden ás vacacións e seguen demandando auga, polo tanto...

Ao final, os resultados os poidemos saborear coas nosas maravillosas colleitas: as leitugas xa as poidemos levar para a casa xusto a tempo na derradeira semana de clases, pero o traballo quedaba ahí para a volta en Setembro...

 

 Moi pronto vos adiantaremos novidades sobre cousiñas moi interesantes que estamos a facer neste comezo de curso.

Ata a próxima!

Un exemplo de reutilización: invernadoiro con botellas de plástico.

Este é un artigo publicado pola páxina web de Axenda 21 escolar de Galicia no que se amosa unha experiencia moi interesante posta en marcha por alumnos e alumnas da EEI O Oureal. Empregando moitas botellas de plástico construíron o seu propio invernadoiro por un baixo custe. O resultado é espectacular e unha lección de desenvolvemento sostible.

Se queredes e vos interesa aprender mais desta idea ou de como levala a cabo vós podedes facer click no vínculo.

Axenda 21 Escolar de Galicia

Un exemplo de reutilización: invernadoiro con botellas de plástico.

http://www.cmati.xunta.es/axenda21/?p=3576

Semana de cultivo de amorodos

 

Que padal se pode resistir á raíña das froitas?

Esta semana estivemos cultivando os amorodos. Agora solo falta mimar as nosas plantiñas con auguiña e boas doses de agarimo para que nos den cor e sabor á nosa horta.

 

A pranta dos amorodos chámase Amorodeira.O amorodo é o froito que sae  da súa fror unha vez fecundada

 

Descubrimos que o amorodo é un froito moi delicado, por iso as súas prantas deben estar ben protexidas con un plástico que impida o crecemento de calquera mala herba e tamén par que non se ensucien coa terra. O primeiro que fixemos foi un morteiro coa axuda da aixada buscando que se adaptase ás medidas do noso plástico xa perforado. Unha vez tomadas as medidas, toca poñelo e soterralo polas esquinas (parece que lle estamos facendo a cama).

Despois chega o gran momento! en cada buraco temos que prantar unha pranta de amorodo. Coa axuda dunha estaca fomos facendo buraquiños profundos, introducindo toda a raíz dos nosas prantas e recubrindo con terra prensando un pouquiño para que queden ben arroupadiñas.

Se queredes probar a cultivar fresas en casa tamén é moi doado. Podedes ver este pequeno video de como poder facelo de xeito doado e con pouca cousa.

 

1º día de cultivo co grupo do luns

Chegou por fin o día!

Finalmente logramos prantar a "primeira semente" no noso horto escolar. Esta semana atacamoslle á pataca, para a cal destinamos unha parte do noso invernadoiro.

Primeiramente abrimos e pisamos un camiño polo medio do terreo do invernadoiro, pois vai ser a partires de agora o noso lugar de paso habitual e evitaremos andar por entre os cultivos. Fixemos o reparto e decidimos poñer os regos no sentido da pendente. Aprendimos que a pataca é un tubérculo e que a promia "semente" é a a pataca, polo tanto simplemente hai que prantar patacas por debaixo da terra.

Coa axuda da aixada fomos abrindo surcos ao longo do terreo e mentres íamos poñendo no fondo deles as patacas  a distancia de algo mais dunha cuarta. Despois Imos abrindo o seguinte oco ao carón do xa feito e tapando ao mesmo tempo as xa colocadas.

 


Se queredes ver mais fotos do nos album

Video explicativo sobre o cultivo da pataca

Primeira sesión de traballo do equipo do horto

Xa temos formado o noso equipo do horto escolar perfectamente equipado e preparado para pasar á acción. Esta semana estamos aprendendo o importante que poden ser os preparativos ao momento do cultivo. A terra debe estar limpa de malas herbas, raíces e demais. A terra tamén necesita de nutrintes extra en forma de abono para manterse fértil e que os nosos cultivos poidan alimentarse dela e crecer sans e fortes.

Parello a iso tamén aprendimos da propia experiencia pequenas cousas que algúns de nós non nolo imaxinabamos...

Sí! o abono é iso que todos e todas estades pensando e lle temos que dar as gracias á nosa besta. Aggg!

As ortigas non se deben de tentar arrancar sen a protección de guantes ou algún apeiro.

Aquí tedes unha imaxe da nosa primeira xornada de traballo. Se queredes ver mais visitade a nosa galería de fotos.

Primeiros froitos do curso

Un Outubro de sorpresas

O outono entrou sorprendendo no noso horto. Os primeiros froitos de tempada xa se deixaron ver.

Temos un limeiro cheiño de limons dun amarelo esplendoroso. Se lle apretas un pouquiño na pel, logo quédache a man chea dun arrecento tan tan marabillloso!

Non vos perdades a foto da nosa árbore mais exótica, o caqui. Está cheiña e caquis tamén (que é como se chaman os seus froitos). A pobre non da aguantado con tanto peso.

Pensabamos que non nos ía caer esa breva porque chegaba tarde, mais a nosa figueira deunos unha sorpresa de último momento chea de doces sabores e deliciosas cores coma o mourado ou violeta. Abrir un figo é como unha caixa de sorpresas sempre.

Estas e moitas outras fotos podédelas ver na nosa galería.

O Invernadoiro

Este ano temonos proposto poñer a andar de novo o invernadoiro. O traballo de restauración e acondicionamento é un proceso complexo e previo a poder facer uso del e comezar co cultivo. Se queredes ver como vai o traballo e ir seguindo o dia a día podedes consultar a nosa galería fotográfica. Pero...

Que é un Invernadoiro e para que serve?

Oístedes falar do efecto invernadoiro? Sí, seguramente vos soe de coñecemento do medio. O efecto invernadoiro é un fenómeno que acontece na Terra gracias á atmósfera e os seus gases, que reteñen a enerxía calorífica procedente do sol impedindo que saia cara o espazo para así quetar a superficie do noso planeta. Dende fai varias décadas determinados gases que xeramos os seres humanos están desequilibrando a balanza na atmósfera. Isto ven dando lugar a un efecto invernadeiro excesivo e un quecemento global nada positivo para a vida.

Pois realmente os invernadoiros elaborados pola man do home (como é o noso) son quenes de conseguir no noso horto o mesmo efecto que a atmósfera. Como podedes ver na gráfica, o plástico permítelle pasar aos raios do sol que quentan directamente o solo do invernadeiro. Parte da enexía calorífica rebota no terreo, pero o plástico actúa de novo como reflectante impedindo que esta saia para fora e devolvendoa cara abaixo. O resultado final é que os invernadoiros incrementan a súa temperatura con respecto ao exterior e sempre están quentiños. Este invento é de grande utilidade xa que permite nos permite poder manter as condiciósn climáticas de calidez necesarias para o cultivo incluso nas épocas do ano mais frías nas que este sería imposible.

Manda truco!

Benvidos

 

Este blogue aínda está en construcción. Agardade un tempiño.

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut