Concerto para alumnos de 1º e 2º

Este vindeiro venres 7 de Abril teremos a visita de Ce Orquestra Pantasma, que dará un concerto para os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria. O concerto terá lugar na sala de usos múltiples do Castro Baxoi e nel os nenos cantarán, brincarán e bailarán coa música de festa da man dun auténtico home orquestra.

ADMISIÓN CURSO 2017-18

Con data 3 de Abril, publicamos as listaxes provisionais de admitidos para o curso 2017-2018. Podedes consultalas no taboleiro do centro e nos seguintes arquivos. Pódese reclamar por calquera erro, os días 4, 5, 6 e 7 de abril, e o martes 18 de abril. As listaxes definitivas serán publicadas antes do 15 de Maio. Para resolver calquera dúbida, a Secretaría do centro. 

Outro vídeo

 Outra bonita adopciòn de 4 ESO, esta vez de María e Hugo:

Concerto para alumnos de 5º e 6º de primaria

O músico Germán Díaz dará un concerto aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do Castro Baxoi. O concerto terá lugar este Xoves 30 de Marzo no audiotorio da biblioteca municipal. Germán Díaz interpretará temas do seu proxecto "Método Cardiofónico" no que emprega como base sons do corazón grabados nuns discos de vinilo por un médico cardiólogo nos anos 30. O proxecto tamén xira en torno ao diverso mundo dos instrumentos de manivela.

 

 

Dúas alumnas co CPI Castro Baxoi adoptan a Yolanda Castaño nas redes sociais

Así se fixo eco nas redes sociais a escritora Yolanda Castaño do vídeo que dúas alumnas do noso centro lle enviaron. O vídeo é unha orixinal e marabillosa adicatoria feita por Nathaly e Marta pouco despois da súa visita ao noso centro. A continuación poñémosvos o post.

Unha tarde con Yolanda

O mércores 15, o alumnado de 4º ESO participou dun taller de poesía conducido por Yolanda Castaño. Foi unha experiencia bonita e enriquecedora, cun resultado final perfecto: UN POEMA COLECTIVO que pintaremos nunha parede do cole.

Aquí tedes o que Yolanda colgou no seu Facebook:

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=232454427161431&id=100011906253484

 

Programa 4 Radiomiñoca

 

 No programa 4 de Radiomiñoca, que xa está colgado na páxina web do cole, escoitaredes, conducido por Lian:

 -Unha entrevista a Carla del Río, asesora de imaxe, estilista e bloguera, veciña da nosa vila (SUBIR FOTo)

 -Diego lerá un poema, bonito, como sempre.

 -Lian tírase á piscina coas preguntas patio

 -Adrián presenta un grupo de alumnos-as de 3º de Primaria que contestan a pregunta “Que queres ser de maior?”

 -Geraldin  e Iván cóntannos algunha curiosidade deste mundo tan curioso e marabilloso

 -Josete segue coa súa sección de hábitos saudables.

 -Lian e Iván len uns chíos sobre a lectura, os libros, as bibliotecas…

 -A rapazada de Oratoria recita uns poemas para a Paz.

 -E por último, temos outra entrevista extra á autora Yolanda Castaño, quen estivo no noso cole dando un taller poético para o alumnado de 4º ESO.

 

 

 

 

PLAN DE CONVIVENCIA

PLAN DE CONVIVENCIA

Con data 14 de marzo de 2017, quedou aprobado en reunión do Consello Escolar, o novo Plan de Convivencia para o noso centro conforme á lexislación vixente. 

Podes velo no arquivo que se adxunta. 

SERVIZOS MÍNIMOS

SERVIZOS MÍNIMOS

A Dirección do centro informa que ante as convocatorias de folga no ámbito do ensino para os días 8 e 9 de marzo, cumpriranse os servizos mínimos establecidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (artigo 2 do Decreto 155/1988 do 9 de xuño, DOGA do 20 de xuño, así como a orde do 1 de marzo de 2017, DOGA do 7 de marzo, e a orde do 7 de marzo de 2017, DOGA do 8 de marzo).

Estes servizos mínimos para os centros docentes non universitarios de titularidade pública serán os seguintes:

- A dirección ou un membro do equipo da dirección.

- Un subalterno ou subalterna.

- Un encargado do cátering nos comedores de xestión indirecta (como é o do noso centro xestionado pola ANPA).

- Un auxiliar/coidador.

Queda garantida a apertura e peche do centro.

CURSO 2017-2018

XORNADA DE PORTAS ABERTAS.

O próximo MARTES 21 DE MARZO, o CPI CASTRO BAXOI celebrará unha xornada de portas abertas dirixida ao novo alumnado que neste mes está realizando o seu proceso de admisión para o curso 2017-18. Ás 17:00 horas empezaremos unha visita polo noso centro e as súas instalacións.

Recordade que, como todos os cursos, no terceiro trimestre celebraremos as reunións coas familias do alumnado que inician nova etapa educativa (4º EI, 1º EP, 1º ESO).

Distribuir contido