1. A biblioteca é un espazo aberto a toda a comunidade escolar
2. Permanecerá aberta nos recreos, sempre cun profesor, e nas horas en que haxa algún profesor de garda con horario asignado á biblioteca
3. Os préstamos faranse tódolos días durante os recreos e terán unha duración máxima de quince días, agás os libros de lectura obrigatoria que só se prestarán durante unha semana. Poderanse renovar se non hai lista de espera. En Primaria estableceranse dous ou tres días para o préstamo, pero as devolucións poderanse facer todos os días.
4. Para levar libros prestados e para devolvelos ou renovalos é imprescindible presentar o carné de biblioteca
5. Os libros de consulta (etiqueta branca) de Secundaria non se prestan. Os de Primaria pódense levar prestados, agás os que teñan unha etiqueta vermella, que deben permanecer na biblioteca.
6. Tódolos préstamos e devolucións deberán ser rexistrados no programa informático Meiga. Se algún libro aínda no estivese catalogado, farase o préstamo manualmente, anotando autor-título-lector nas follas de préstamo manual.
7. Os CDS e DVDS que acompañan aos libros de consulta non se prestan. Os CDS que acompañan aos libros de lectura si se prestan, previa petición ao profesor de garda, xa que están almacenados nos estantes do espazo de xestión.
8. O recuncho virtual só se poderá utilizar nos recreos para a realización dalgunha tarefa e terá que presentarse unha nota asinada por algún profesor.