Comunicado da dirección

Prezadas familias:

Agardamos e desexamos que todos esteades ben.

Achégase o final deste curso 2019/20 un tanto diferente para todos e seguiremos informando dos prazos dos distintos trámites que teredes que resolver no centro para pechar o presente curso escolar e sobre a escolarización dos vosos fillos.

O motivo desta comunicación é aclarar algunhas cuestións sobre a nova aparecida en prensa.

Todas as familias coñecedes perfectamente as características do centro que dirixo e as partes que poden mellorar das instalacións, pero en ningún momento periga que algún grupo ou nivel non poida iniciar o curso se comezásemos en condicións de “normalidade”. Dende o centro educativo estanse a facer as xestións para tentar mellorar as instalacións e xa conseguimos que o espazo que se ía dedicar a salón de actos pase a ser un comedor.

Polo de agora, non hai ningunha nova cara ao inicio do vindeiro curso escolar polo que dende o centro queremos transmitir tranquilidade e dicirvos que unha vez que teñamos a información e saibamos a nosa organización, farémola chegar.

Saúde e saúdos.

O Director
Juan Luis García Díaz