Skip to Content

25 de Novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero

SEN MEDO. NON MÁIS SILENCIO.

Este venres 24 de novembro no CASTRO BAXOI adiantamos o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Sen dúbida a EDUCACIÓN é a mellor forma de loitar contra o medo, contra o silencio, pola igualdade e pola diversidade.

Fixemos moitas cousas nas aulas: as nosas mans en branco, debuxamos nenas que non queren xa ser princesas aburridas, fixemos lemas contra a violencia de xénero... Tivemos tamén unha exposición, 1000 ANOS DE ARTE FEMININO, onde recordamos ás mulleres que intentaron mostrar a súa arte, o seu desexo de crear e que foron silenciadas por un mundo en masculino. Xosé Antón e Rosa contáronnos cousas sobre a súa vida e a súa obra. 

 

Logo, todos xuntos, no patio, escoitamos un manifesto feito polo alumnado da ESO rexeitando esta violencia e recordando ás súas victimas. Ao final cunha soa voz cantamos a canción de Amaral, Salir Corriendo. Un día para pensar e concienciar...

 



page | by Dr. Radut