Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Marzo 30, 2016
Start: 30/03/2016 10:26

Os alumnos de 1º de ESO participaron  nunha charla con Sole e Alberto, membros da ONG Arquitectura sen fronteiras e autores da unidade didáctica O Dereito ao hábitat coa que se iniciou a andaina dentro do Proxecto Terra. Foi o momento de analizar os debuxos realizados polos alumnos que recollen os aspectos fundamentais do seu hábitat (Miño) e de reflexionar conxuntamente sobre todo o que hai e tamén sobre o que falta para que este hábitat humano sexa adecuado para o desenvolvemento persoal e social dos que aquí viven.

Xoves Abril 07, 2016
Start: 07/04/2016 00:14

O pasado venres 6 de Abril visitamos o Centro de Investigación Agraria de Mabegondo onde coñecemos de cerca as liñas de investigación que se están a levar a cabo así como a importancia deste tipo de iniciativas como o único camiño para un desenvolvento económico sustentable do noso agro, para que a nosa agricultura e gandería teña un futuro. Ademais explicáronnos como é todo o proceso de investigación: busqueda de subvencións, prantexamento de hipóteses de traballo, ....

Outra das labores deste centro e a formación e asesoramento aos agricultores e gandeiros da nosa terra.

Gracias, un ano máis, a Juan Valladares polo cariño que pon no seu traballo, e nas visitas escolares dun xeito especial.

Distribuir contido