25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25/11/2015 10:17
Europe/Madrid

Para levantar a nosa voz contra a violencia de xénero, levamos uns días traballando nas aulas: falamos do tema para concienciarnos do importante que é o respecto e a tolerancia, especialmente entre nenos e nenas, mozos e mozas, homes e mulleres, porque somos nós os que construímos a sociedade coas diferenzas que nos fan tan iguais en dereitos e deberes; tamén lemos, escribimos, fixemos murais e creamos logos co fin de que a loita contra este grave problema continúe todos os días do ano. Cos traballos realizados e diferentes documentos fixemos unha exposición á que nos fomos achegando e aproveitamos para darlle o noso voto ao logo que pode acompañarnos durante este curso, como imaxe dos nosos perfís ou ilustración dos nosos cadernos. A proposta de Zoe Trotta de 3º de ESO foi a máis votada. Aquí a deixamos para que a utilicedes se o desexades:

 

Ás dez da mañá, pousamos o noso material, erguémonos e gardamos un minuto de silenzo para rexeitar a violencia de xénero. Despois escribimos os nosos pensamentos nun taboleiro branco que colocamos na entrada do colexio.