Primeiros froitos do curso

Un Outubro de sorpresas

O outono entrou sorprendendo no noso horto. Os primeiros froitos de tempada xa se deixaron ver.

Temos un limeiro cheiño de limons dun amarelo esplendoroso. Se lle apretas un pouquiño na pel, logo quédache a man chea dun arrecento tan tan marabillloso!

Non vos perdades a foto da nosa árbore mais exótica, o caqui. Está cheiña e caquis tamén (que é como se chaman os seus froitos). A pobre non da aguantado con tanto peso.

Pensabamos que non nos ía caer esa breva porque chegaba tarde, mais a nosa figueira deunos unha sorpresa de último momento chea de doces sabores e deliciosas cores coma o mourado ou violeta. Abrir un figo é como unha caixa de sorpresas sempre.

Estas e moitas outras fotos podédelas ver na nosa galería.