Biblioteca: O tema

Cada curso a biblioteca propón un tema, arredor do cal xiran diferentes actividades que se levan a cabo dentro e fóra das aulas en todas as etapas educativas: lecturas sobre o tema, busca de información, elaboración de documentación e materiais, exposicións, conferencias, cine, obradoiros, etc.Dende hai dous anos a HISTORIA é o motor deste traballo colectivo que se desenvolve ao longo de todo o curso e protagoniza o noso ANTROIDO, donde cada grupo  escolle un aspecto da etapa histórica que estamos a tratar, fai a investigación pertinente e crea os seus disfraces e a posta en escea que compartirá con toda a comunidade escolar o día da celebración.

Curso 2010-2011: A Prehistoria e as Primeiras Civilizacións

Curso 2011-2012: O Mundo Clásico. Grecia e Roma.