PROXECTO CUBICAXE

Hoxe, por fin, o alumnado de Primaria fixo a plantación de árbores en Costa Miño no que vai ser o noso BOSQUE WANWARI MAATHAI, en recordo da Premio Nobel africana. Grazas ao Concello de Miño pola súa colaboración, aportando as árbores e a placa.

Wangari Muta Maathai foi unha política e ecoloxista keniana. Foi a primeira muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz en 2004 pola "súa contribución ao desenvolvementos sostible, a democracia e a paz". En 1977 fundou o Movemento Cinturón Verde, plantando, coas mulleres africanas, árbores para a reforestación destas terras.  

.