ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Durante a semana do 26 ao 30 de Novembro terán lugar a celebración das votacións para a renovación parcial do Consello Escolar do noso centro. Como inicio do proceso, este LUNS 5 DE NOVEMBRO ÁS 11:00 HORAS no despacho de dirección terá lugar o SORTEO PÚBLICO para a elección dos membros da XUNTA ELECTORAL. Coa constitución da mesma se iniciará o proceso do que teredes información nesta páxina, ademais da que se enviará aos diferentes membros da comunidade educativa (familias, alumnado da ESO, profesorado e persoal de servizo).

Dende a dirección do centro animarvos a que participedes pola importancia que o Consello Escolar ten para o funcionamento do noso centro.