PREMIO SUPRIME O CONTROL

 

 

A PORTA VIOLETA

 

A partir da canción: «A porta violeta», de Rozalén.

 

 MARÍA CORREA LÓPEZ 

 

C.P.I. Castro Baxoi

 

 Sofía leva sufrindo bullying desde moi pequena. Sempre estivo soa, apartada da sociedade, ata que empezou a saír con Marcos, un neno maior ca ela, pero moi popular. Isto cambioulle a vida por completo a Sofía. Xa non sufría e tiña moitos amigos. Todo ía perfecto, tal como todas as nenas soñan. 

De súpeto, coma cando unha tormenta cae no verán,  Marcos comezou a maltratala. Primeiro foi controlándolle o teléfono, seguido da forma de vestir e rematando co acoso físico. Sofía sabía que debía deixar ao seu noivo, pero volvería a quedar soa. 

Sempre estaba triste, aínda que había un momento no día que a facía sentir libre. Polas noites, cando a oscuridade invadía o seu cuarto, ela pasaba da realidade ao mundo dos soños. Mentres durmía, vía unha porta violeta, atravesábaa, e aparecía nun prado verde. Alí todo o mundo cantaba e bailaba, ría e sorría, a fermosura reinaba naquel lugar. Ás veces, á nena acercábaselle unha muller que lle dicía: "non controles os meus sentidos".

En moitas ocasións non quería despertar, chegou a pensar en desaparecer.  A súa vida era dura pero, un día, cando paseaba polo corredor do seu colexio, contemplou perplexa unha porta, unha porta violeta. Sen dubidalo, abriuna e encontrouse moitas rapazas cunhas camisas que poñían: "non controles os meus sentidos".