CURSO 2017-18. LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

CURSO 2017-18

No DOGA do 22 de Maio publicouse a orde que regula a participación no FONDO SOLIDARIO de libros de texto e se convocan AXUDAS para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2017-18. 

Nos adxuntos podedes atopar a orde e o anexo I para solicitala.

Orde do 16 de Maio de 2017 (DOGA 22 de Maio).

Solicitude. ANEXO I.