FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2016-17

EDUCACIÓN PRIMARIA.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.

Con data 6 de xullo sae publicada a listaxe provisional de admitidos no Fondo Solidario de Libros de texto, para alumnado de Educación Primaria.

Por mor da lei de protección de datos non se poden facer públicas estas listaxes polo que deberán chamar ou pasar polo centro para saber os libros que recibirán do fondo para o próximo curso.

Prazo para reclamar dous días a partir da publicación, ata o venres 8 de xullo (horario de atención ao público de Secretaría do centro de 9:00 a 12:00 horas).

CHEQUES DE AXUDA DE MATERIAL.

Os cheques de axuda para material escolar para o alumnado de Primaria poden recollerse a partir do venres 8 de xullo na Secretaría do centro.

CHEQUES PARA AXUDA PARA LIBROS DE TEXTO DE 1º E 2º DE PRIMARIA.

Os cheques de axuda para a adquisión de libros de texto  para o alumnado de 1º e 2º de Primaria poden recollerse a partir do venres 8 de xullo na Secretaría do centro.

EDUCACIÓN SECUNDARIA

As listaxes de admitidos no Fondo Solidario de Libros de Texto para o curso 2016-17 para o alumnado de 1º e 3º ESO non serán publicadas ata o mes de SETEMBRO (pendente da devolución de libros do alumnado con materias pendentes para Setembro).

Os cheques de axuda de material de todos os cursos e os cheques de axudas para a adquisición de libros de 2º e 4º da ESO, poderán ser recollidos na Secretaría do centro a partir do 12 de xullo (Horario de atención ao público de Secretaría , de 9:00 a 12:00 horas).