Skip to Content

Plan COVID

Documentación adaptada ao contexto COVID para o centro.

Queda a disposión de toda a comunidade educativa o Plan de Adaptación ao contexto COVID para o curso 2020 - 2021, o Plan de Continxencia, o Programa de Acollida, croques das aulas, planos distribución patios, modelos de rexistro de ventilación e limpeza de aseos, enquisa de autoavaliación clínica da COVID-19 e declaración autorresponsable para cumprimentar as familias (entregar na Secretaría do centro).

HORARIOS ESPELLO EN CASO DE CONFINAMENTO TOTAL OU PARCIAL

Nos documentos adxuntos poden consultar os horarios espello elaborados para o caso de ter que recurrir á docencia non presencial. Contémplanse dous tipos de horarios, un en caso de confinamento total do centro, e outro de confinamento parcial (grupo/aula), no que se mantén o mesmo horario que na docencia presencial, deixando uns minutos entre sesións para a conexión e desconexión do alumnado e profesorado. 

Os recursos a empregar para este tipo de docencia serán: plataforma de videoconferencia CISCO WEBEX, aula virtual, mensaxería ABALAR, correos electrónicos,  páxina web do centro, vía telefónica, emprego de libros de texto (formato físico ou dixital), fichas específicas e actividades en liña.

En Educación Infantil, seguindo a liña de traballo da modalidade presencial, en caso de confinamento as mestras do ciclo programarán actividades atractivas e multidisciplinares de forma conxunta.

Estas actividades serán propostas abertas e flexibles para que as familias poidan levalas a cabo, na medida das súas posibilidades, no contexto familiar.

Establecerase un contacto fluído coas familias a través da páxina web, aula virtual, correo electrónico, plataforma abalar, …

A través das titorías orientarase ás familias e intentarase resolver todas as dúbidas que lles vaian xurdindo. Para isto empregaremos o teléfono ou as videochamadas, en función das posibilidades das familias.

Distribuir contido
<><><>


 
by Dr. Radut