Skip to Content

NOTA INFORMATIVA PROFESORA AL

Prezadas familias,


Dadas as extraordinarias circunstancias que estamos a vivir, e coa finalidade de garantir que o traballo que se fai co alumnado que recibe reforzo de Audición e Linguaxe non se vexa interrompido, póñome en contacto con vos para indicarvos a miña plena dispoñibilidade no enderezo de correo electrónico alcpiarca@gmail.com
É moi importante que todas as famílias do alumnado que recibe apoio de Audición e Linguaxe se poñan en contacto a través do anterior enderezo, aos efectos de poder recibir os materiais de apoio individual que cada alumno precisa.
Dado que que a actual situación prevese que dure varias semanas, é importante que o contacto se faga canto antes, para que os nenos continúen coas actividades que viñan realizando no departamento.
Sen outro particular, quedo á vosa disposición.


Un saúdo afectuoso.


Manoli Riesco

<><><>


 
page | by Dr. Radut