Citas co profesorado para revisión de cualificacións

As familias poderán pedir cita para revisións ou reclamacións unha vez realizada a avaliación ordinaria na ESO co/a titor/a ou co profesorado do/a seu/súa fillo/a.

Para isto, poderán utilizar a aplicación do Abalar Móbil (Accións/Citas de titoría) ou enviar un correo electrónico ao profesor/a.

Os correos electrónicos  do profesorado están publicados na Web do centro:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpiaxunqueira/?q=node/204

O profesorado organizará estas entrevistas para os días 25 e 26 de xuño, en horario de 9:30h a 13:30h