QUÉROTE + 1º Sesión

Hoxe, día 11 de decembro de 2019, presentamos o recurso Quérote + ao alumnado, do cal se falou previamente nas distintas aulas. Expuxemos que os centros Quérote + dependen da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e son un recurso moi útil para todas as dúbidas que un alumno nesta idade pode presentar respecto ao seu desenvolvemento sexual, coma parte do crecemento do ser humano,a súa evolución social e coma persoa de xeito íntegro. Acordamos desenvolver todas as unidades do programa ao longo do curso, e realizouse unha pequena introducción de cada unha dentro da importancia do programa e a última que será o traballo final.

Ademais destacouse a importancia do recurso que dá a páxina web do Quérote +, respecto as consultas que o alumnado pode realizar dun xeito totalmente confidencial, e fixemos unha consulta coma clase de 3º da ESO do CPI a Xunqueira..... Destacamos as vías de comunicación co Querote Mais:

- Presencial e Telefónica: Quérote+ A Coruña.  Avd. Linares Rivas ,28 8o Teléfono: 981 223 913

 

- Consultoría a través da web: http://xuventude.xunta.es/querote-mais

- Consultoría a través de Whatsapp e Telegram: 647018752

- Consultoría a través de videochamada e Hangout. querotemais.videochamada

Foi unha sesión divertida, e onde surxiron moitas dúbidas e inquedanzas....