Biblioteca

Fotos da biblioteca

Tríptico

Abrindo o arquivo adxunto pódese ver o tríptico en formato pdf. 

Obradoiro de Poesía con Yolanda Castaño. 3º e 4º da ESO

Pensando nese día das Letras Galegas que só homenaxeou tres mulleres en 64 anos, a Concellaría de Igualdade do Concello de Cuntis trouxo á poeta Yolanda Castaño ao noso centro para que se contase ao alumnado de 3º e 4º da ESO da cantidade de poetas con A maiúsculo que temos na literatura galega.

Premede na imaxe ou visitade a nosa galería de fotos para ver algunha das actividades que fixemos.

                                                          

Xogo Interactivo Carlos Casares.

Este pasado venres 12 de maio, o alumnado de 2º da ESO do noso centro acercouse ata a Biblioteca Municipal de Cuntis onde participou dun xogo interactivo arredor da figura de Carlos Casares, autor homenaxeado este ano no Día das letras Galegas. A través de xogos de preguntas e actividades varias os/as nosos/as alumnos/as coñeceron un pouco máis da vida e obra de Carlos Casares así como o funcionamento e instalacións da Bilioteca Municipal.

Premede nestas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos e veredes algúns dos momentos vividos polo noso alumnado da ESO.

              

Día do Libro na Biblioteca. 2017

Para conmemorar o Día do Libro, desde a Biblioteca convidamos ao profesorado a compartir con toda a comunidade educativa a súa biografía lectora. Cada un dos mestres/as e profesores/as participantes elaborou unha pequena biografía lectora en forma de mural que despois expuxemos no corredor principal do centro para animar a todo o alumnado a mirar e tratar de adiviñar de quen é cada unha das lecturas.
Din que podemos coñecer a unha persoa a través dos seus libros preferidos. Así que non será tan difícil adiviñar que profesores/as están detrás de cada mural.

Premede na imaxe e botádelle un ollo a todo. Para a semana, as votacións do concurso: quen é quen?

                                     

Na procura dunha mascota para a biblioteca

Dende o equipo de traballo da nosa biblioteca estamos a facer moitas actividades de animación á lectura e dinamización da biblioteca, e entre elas está a Procura dunha Mascota que nos guíe, anime e axude a coñecer e desfrutar de todos os recursos cos que contamos nela. Grazas a todos e todas os alumnos/as que vos animastes a participar e a todas as familias que vos prestastes coma sempre a botarlles unha man creativa.

Na corredor principal do colexio teremos expostas todas as propostas recibidas e, coma sempre, podedes facernos unha visita en persoa ou de xeito virtual premendo nunha destas imaxes.     

MAXIA CO MAGO CALI

                                          

Distribuir contido