Skip to Content

Act. Complementarias e Extraescolares

SAÍDA AO GROVE 1º CICLO EP

O alumnado de 1º e 2º de primaria fomos de excursión de fin de curso ao Grove. Primeiramente visitamos o acuario, onde puidemos ver e coñecer máis sobre as distintas especies das augas frías, cálidas e doces. Despois leváronnos de paseo no turitren polo pobo, cruzando tamén a ponte que nos levaba á illa da Toxa. Por último subimos no catamarán que nos levou pola ría ata unha batea, onde puidemos ver tres tipos de cultivos mariños e dar de comer ás gaivotas. Pasámolo moi ben!

Premede na imaxe ou visitade a nosa galería de fotos para ver as cousas que fixemos.

                    

Saída a Pontevedra. Teatro Fetén, Fetén.

O alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu o xoves aLa maravillosa historia del violín trompeta” de Fetén Fetén no auditorio Afundación de Pontevedra. Neste espectáculo recórrense as diferentes culturas e ritmos da música popular europea do s.XX, pero ademais, pódense ver como vasoiras, serras, utensilios de cociña, cartóns de leite... se convirten en instrumentos musicais.

Despois do teatro, visitamos a exposición fotográfica «Oficios entre lusco e fusco» no Café Moderno. O obxectivo desta mostra é reflexionar sobre a desaparición de moitos oficios pola mecanización do traballo e a produción en masa. Tamén realizamos un obradoiro de tipografía.

Premede na imaxe e poderedes ver algunhas fotos da saída.

                                

Excursión 4º ESO. 2017

Esta semana voltaron da excursión de final de etapa os/as alumnos/as de 4º da ESO do noso centro. Despois de visitar Barcelona, Mallorca, Roma, Pisa, Florencia, Xénova e Marsella chegaron moi cansos/as pero tamén moi cheos/as de experiencias, anécdotas e lembranzas para sempre desta viaxe compartida cos seus/as compañeiros/as. 

Grazas ao traballo dos/as rapazas, das súas familias, da axuda do Concello coa súa subvención anual e da implicación e esforzo do profesorado do centro podemos amosarvos o resultado desta experiencia tan gratificante para este grupo de alumnos/as a través das seguintes imaxes....

                                                    

Visitamos os Museos de A Coruña

O martes 28 de marzo o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria viaxou A Coruña para visitar os diferentes museos científicos da cidade. Comezaron cunha visita guiada ao Acuario Finisterraea carón do histórico faro da Torre de Hércules. A continuación experimentaron co corpo humano na Domus, onde asistiron ao visionado dun documental de ciencias naturais en 3D titulado "Pequenos xigantes". E despois de comer trasladáronse á Casa das Ciencias para probar os seus módulos interactivos relacionados coa física e viaxar polo espacio e o tempo no seu planetario. 

A viaxe foi moi intensa, ollade que ben o pasaron e canto aprenderon premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos.

    

Obradoiro de Percusión Odaiko en Santiago

O alumnaDo de quinto e sexto de primaria asistiu a semana pasada a un obradoiro de percusión no Auditorio de Santiago de Compostela baixo o título "Odaiko Percusión". Despois aproveitaron a viaxe para dar unha volta e coñecer de perto a Cidade da Cultura cunha visita guiada por monitores que lles amosaron os rincóns máis bonitos.

Coma sempre, botádelle unha ollada ás fotos que sacaron os/as mestres/as que os/as acompañaron premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotografías.

        

MAIS COUSAS DO ENTROIDO DO NOSO COLEXIO

Foron moitas as actividades que fixemos en torno ao Entroido no noso colexio ademáis do desfile; unha delas foi a grabación dun pequeno vídeo de presentación desta celebración no noso centro da nosa mestra Auxiliar de Conversa en lingua inglesa da Sección Bilingüe de terceiro de primaria, Celina Valencia; coa colaboración dos/as nosos/as rapaces/as e na língua que están aprendendo fixeron unha presentación para amosarlle aos/as seus compañeiros/as americanos/as como se celebra esta festa nun centro escolar galego.

Premede nesta imaxe para botarlle unha ollada ao vídeo que vai camiño de América.

                                        

Entroido 2017

E xa vai alá a nosa festa de Entroido 2017, alá van as horas e días de recortar e pegar, de pintar e facer probas, de ensaiar os bailes, e por fin chegou o día de amosar o traballo rematado. Por sorte o día do desfile amanceu frío pero solleiro e tivemos a oportunidade de celebralo no patio do colexio.

Despois do desfile que fixemos no patio escolar degustamos as deliciosas filloas e orellas que aportaron as familias do alumnado coa inestimable colaboración e axuda da ANPA O Baño. Moitas grazas a todos/as por vires compartir con nós esta mañá de festa e pasádeo moi ben nestas pequenas vacacións de Entroido.

Coma sempre podedes botar un ollo ás fotos que sacamos visitando a nosa galería de imaxes ou premendo nalgunha destas.  

          

          

 

ENTROIDO 2017.

O alumnado do CPI convídavos a asistir ao seu desfile de entroido que terá lugar partir das 11:00 hs da mañá no patio exterior do colexio.

Este ano o tema dos nosos disfraces está relacionado cos diferentes personaxes de contos e comics do mundo dando continuidade así ao traballo do tema transversal das Migracións Humanas "A Miña Aldea é o Mundo" que estamos a desenvolver nas aulas. Esperemos que vos guste.

                                       

 

Bailando con "Pesdelán" e visitando a Cidade da Cultura

Hoxe, mércores 22 de febreiro, os cativos e cativas de 3° e 4° de Educación Primaria asistimos ao concerto de "Pesdelán" no que cantamos,  bailamos e o pasamos moi ben. Presentaban o seu novo traballo Entroidanzas no que fan un percorrido polos Entroidos de diferentes lugares do mundo. A continuación trasladámonos á Cidade da Cultura e fixemos unha visita guiada pola sua arquitectura.

Se queredes ver que ben o pasamos premede nas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos.

        

Campo a través. Febreiro 2017.

Este domingo 12 de febreiro o alumnado clasificado para a fase provincial do Campo a Través do noso centro, viaxou ata Oia (Vigo) para participar nesta proba de atletismo enmarcada no programa XOGADE incluído no Proxecto Deportivo de Centro do Plan Proxecta.

O profesorado de Educación Física e algunhas familias acompañaron a un total de 19 alumnos/as de 3º de EP a 3º da ESO. A pesares da climatoloxía disfrutaron da competición e acadaron un 5º posto na categoría Benxamín Feminino. En breve publicaranse as clasificacións oficiais.

 

Premede nestas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos para ver algúns dos momentos máis importantes da xornada.

             

Noraboa aos/as participantes.

Distribuir contido


by Dr. Radut